A Banda do Garaxe actuará o vindeiro venres no Café Teatro do Pazo da Cultura

A Banda do Garaxe – Concello de Narón

A Banda do Garaxe, unha formación creada a finais de 2016 e formada por doce rapazas e rapaces da comarca e integrantes doutras bandas da Asociación Cultural Musical Sementeira, de Narón, actuará o vindeiro venres, día 20, no Café Teatro do Pazo da Cultura. O concerto prográmase tralas actuacións do verán desta formación, con motivo do peche de tempada e antes de iniciar os ensaios do inverno. A cita dará comezo ás 20.00 horas e a entrada é de balde.

Na tempada estival os integrantes da Banda do Garaxe, dirixida por Eusebio López, actuaron no Pantín Classic, nas instalacións do Centro Comercial Dolce Vita Odeón e noutros eventos. Así mesmo, tal e como indicaron desde Sementeira, “estiveron especialmente involucrados e activos nas saídas de tódalas bandas da Asociación nas que participan, e algúns dos músicos realizaron moitos arranxos musicais de temas que interpretan”.

O concerto, cun amplo repertorio de música moderna e festiva, terá unha duración aproximada dunha hora. Foi precisamente no Café Teatro do Pazo da Cultura, tal e como recordaron desde Sementeira, donde deu o seu primeiro concerto A Banda do Garaxe, o pasado mes de abril, cando os músicos interpretaron temas dos Blues Brothers, Raphael e Adele, entre outros.

Lea también

Confirmación das datas do I festival «Pontedeume vila do libro»

O Concello de Pontedeume converterase este ano na primeira vila do libro galega, un proxecto …