Descentralizar a cultura. O Caso do Concello de Ferrol

A. C. Ferrolterra Antiga

Entre as competencias de calquera concello no campo da cultura se atopan: a conservación e valorización do patrimonio histórico-artístico, a promoción de actividades e instalacións culturais, ou a ocupación do tempo libre dos seus cidadáns.

Ferrol conta nos últimos tempos cunha ampla e variada oferta cultural municipal, que se articula en torno a catro instalacións fundamentais: en primeiro lugar o Teatro Jofre; en segundo lugar, o Centro Cultural Torrente Ballester; e en terceiro lugar, o Auditorio de Ferrol. E sinalamos unha cuarta “instalación”, que sería a propia rúa, xa que moitas actividades organizadas polo consistorio tamén teñen lugar nas prazas, rúas e outros recunchos da cidade.

Como se pode ver, a maioría destas instalacións, e polo tanto das actividades culturais atópanse na área urbana. E entón deberíamos preguntarnos: Onde queda a cultura na zona rural ferrolá?

cultura na área rural do noso municipio queda nas mans das asociacións de veciños, que se converten en auténticos promotores de actividades culturais. Diriamos máis, únicos promotores culturais desta ampla zona do noso concello. É que o rural de Ferrol representa a maior parte da súa superficie do municipio, e unha parte moi importante da poboación.

As necesidades dos seus habitantes non son diferentes da cidade. Reclaman servizos básicos e actividades que promocionen os seus barrios. Pero no aspecto propiamente cultural si que hai diferenzas, xa que son os veciños/as os que se involucran nos actos e actividades que se levan a cabo. Os actos non son organizados directamente polo concello ou por unha empresa que se contrata, senón que son organizados e xestionados polos veciños/as agrupados nas asociacións veciñais.

A través das asociacións de veciños organizan magostos, sardiñadas, festas, conferencias, xornadas… e diversas actividades que moven a todo o barrio. O seu labor é totalmente desinteresada, sen ningún beneficio económico, máis que o “beneficio” de ver o seu barrio ou a súa parroquia chea de vida. Digamos máis, o seu labor é encomiable, porque poderán acertar máis ou menos nas actividades e actos realizados, pero o fan sempre dende o altruísmo e as ganas de ver vivo a súa zona.

O concello, falando del como institución municipal, centraliza a cultura na área urbana, pero a súa vez hai que dicir que financia a maior parte destas actividades culturais que se levan a cabo nas asociacións veciñais do rural. Pero, podemos preguntarnos: O fai o suficiente? Seguramente coincidamos en que non, sobre todo se o comparamos coas áreas urbanas. Pero o mellor é que ten solución. Nos propoñemos dúas: en primeiro lugar, aumentar o financiamento das asociacións veciñais e culturais, así como levar a cabo máis actos directamente polo concello na área rural. E en segundo lugar, levar a cabo xestións e presionar para mellorar o transporte público, porque se somos conscientes que as grandes actividades e actos culturais se levan a cabo na cidade, os veciños/as do rural teñen dereito a poder moverse para velos.

Lea también

«Só Elas» en su V Aniversario

Julia M.ª Dopico Vale En abril de 2019 se presentaba ante el público ferrolano la …