Fremap bonifica ao Concello de Narón pola baixa sinistralidade laboral rexistrada no ano 2016

A Dirección Xeral da Seguridade Social autorizou a través dunha resolución, bonificar ao Concello de Narón cunha partida de 5.831,22 euros en concepto da baixa sinistralidade laboral rexistrada durante o ano 2016.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu no seu despacho ao director da delegación de Ferrol da mutua Fremap, Pablo del Río, e a Agustín Rubio, técnico da citada compañía, que lle entregaron unha mención honorífica á rexedora local. No acto estivo tamén presente David Corral, responsable de Seguridade e Saúde Laboral do Concello de Narón.

No documento, emitido a modo de diploma, faise constar o feito de que o Concello de Narón distinguíuse na contribución da redución da sinistralidade laboral, de acordo cos requisitos establecidos legalmente.

O director da delegación de Ferrol de Fremap felicitou á rexedora polo traballo desenvolvido no Concello en materia de prevención, na área de seguridade, e valorou o feito de que ano tras ano se premie ao Consistorio por ese motivo.

Desde o ano 2010 o Concello naronés recibiu periodicamente diferentes contías en concepto da diminución e prevención da sinistralidade laboral. Nos seis anos anteriores percibiu un total de 25.932,03 euros, aos que agora se suma esta partida correspondente ao pasado exercicio.

A realización de actividades preventivas e accións formativas sobre riscos laborais dirixidas ao persoal que traballa no Concello, nomear a un responsable de prevención na área, e vixiar a saúde dos traballadores e traballadoras, entre outros, foron algunhas das cuestións a ter en conta á hora de conceder este recoñecemento ao Concello.

O Comité de Seguridade e Saúde Laboral do Concello de Narón constituíuse no ano 2005 e do que forman parte os edís Guillermo Sánchez Fojo, Pablo Mauriz e Ibán Santalla, e tres funcionarios: Xosé Henrique Calvo, María José González e Manuel Bello.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu o recoñecemento de Fremap aos seus representantes e tamén destacou o traballo do persoal do Comité de Seguridade e Saúde Laboral do Concello e a colaboración, “fundamental”, subliñou, de todo o persoal do Consistorio.

Lea también

Unha unidade móbil ADOS estará operativa o venres 26 en Narón, no barrio de Xuvia

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este …