O Club Atletismo Fene fíxose a foto oficial para empezar a nova tempada

Foto de familia do Clube Atletismo Fene – Clube Atletismo Fene

Xusto cando se cumple o primeiro ano logo de comezar a súa andadura, o Clube Atletismo Fene logrou reunir o sábado, nas pistas de atletismo de Barallobre, a boa parte dos seus socios e socias e rapaces das escolas deportivas. Favorecido por unha apacible temperatura, o acto de hoxe serviu para inaugurar a nova tempada 2017-18.

Para elo se tivo a sorte de contar co padriño do clube, unha auténtica lenda do atletismo: Andrés Díaz. O ex-atleta olímpico, sempre comprometido co clube, logo de inmortalizarse co resto de atletas, agasaiou a todos os presentes cun pequeno adestramento cheo de consellos e exercicios para mellorar a técnica de carreira.

Para rematar, todos os atletas tiveron a ocasión de ver corrixida a súa técnica de forma individual por parte do propio Andrés.

​Tras o adestramento, que durou arredor dunha hora, chegou o momento para a relaxación onde o propio atleta coruñés e Marcelo Rodríguez,​ vicepresidente e auténtico alma máter do clube, conduciron unha entrañable tertulia chea de anécdotas onde o ex-atleta coruñés salientou que os auténticos valores do atletismo están máis alá de acadar éxitos en campionatos ou olimpiadas, senón que considera máis importantes aspectos como o trato coas persoas, as relacións humanas do día a día ao compartir adestramentos.

Para finalizar a xornada, e agradecendo a súa asistencia no día de hoxe, o propio Marcelo Rodríguez en nome do Clube Atletismo Fene, fíxolle entrega a Andrés Díaz dun carné de socio de honra.

Por último, a xornada serviu para que todos os atletas do clube coñecesen as pistas de Barallobre. Tras dar varias voltas, resulta evidente que con pouco presuposto pódese dispoñer en Fene dunha nova instalación deportiva para o cal, dende o Clube Atletismo Fene piden unha vez máis a colaboración das distintas administracións.

Lea también

A Deputación destina 553.000€ para financiar ata 80 entidades deportivas da provincia

A Deputación da Coruña vén de conceder un total de 80 axudas a diferentes entidades …