Arrancan as sesións do programa para familias “Máis que un teito” en Valdoviño

Sesión de Máis que un teito – Concello de Valdoviño

Concello de Valdoviño e Asfedro promoven o programa para familias “Máis que un teito”. As sesións arrancaban onte nas instalacións do CPI Atios que, xunto á ANPA, colaboran no proxecto, con custe cero para as persoas participantes.

En esencia, o programa pretende construír un espazo de reflexión e intercambio de experiencias entre as familias, onde abordar as habilidades e a comunicación familiar, para mellorar a competencia educativa no proceso de crecemento. Así, ó longo das sesións, que terán lugar os xoves do mes de novembro, abordaranse temas como as habilidades sociais para a convivencia familiar (autoestima, empatía…); desenvolvemento físico e hábitos saudables; a comunicación familiar e os estilos educativos; a negociación e resolución de conflitos, ou os riscos das novas tecnoloxías e información sobre drogas.

No mesmo, participan familias con menores de entre 3 e 18 anos e, para favorecer a conciliación, a ANPA facilita unha actividade para que nenos e nenas poidan participar durante ese tempo, de maneira gratuíta.

Lea también

Valdoviño celebra su Feirón mensual

Los puestos regresan este domingo 28 a la Puerta del Sol de Valdoviño, que acogerá …