Últimos días para anotarse no curso gratuíto de defensa persoal para mulleres en Valdoviño

O local da asociación veciñal de Lago será escenario dun curso de defensa persoal e autocapacidades os días 16 e 23 de novembro en horario de 16 a 20 horas. Organizado pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Valdoviño, a acción formativa está financiada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e inclúese na programación municipal deseñada co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

O curso é completamente gratuíto, aínda que precisa de inscrición previa. Así, as mulleres interesadas en tomar parte na actividade deben formalizar a súa inscrición no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa da casa consistorial- ou chamando ó teléfono 981 981 48 70 41 ext.5. O prazo conclúe este venres.

Entre os contidos do curso, abordaranse os distintos tipos de agresión, as medidas de autoprotección, medios a empregar ante unha agresión e técnicas sinxelas e resolutivas.

Lea también

Un trabajador herido al caer desde un puente a las vías del tren en O Barqueiro

Un trabajador fue trasladado después de caer desde un puente a las vías del tren …