Os escritores Antonio Lozano e Nicolás Castellanos presentaron no Pazo da Cultura de Narón os libros Eu son Suleiman e Me llamo Adou

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu a última hora da tarde do martes o acto de presentación dos libros “Me llamo Adou, de Nicolás Castellanos, e “Eu son Suleiman”, de Antonio Lozano. A cita deu comezo ás 20.30 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura e trala presentación dos libros o público asistente participou no debate posterior, moderado tamén pola alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, organismo este último que organizou o acto.

Ferreiro iniciou a súa intevención agradecendo a presencia en Narón dos autores destas dúas publicacións, dos que ademais destacou a súa dilatada traxectoria profesional e o seu gran coñecemento do tema da migración, entre outros. Así mesmo, recordou que a convocatoria se organizou con motivo da trixésimo terceira edición da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil programada no Pazo da Cultura e que contempla anualmente representacións teatrais para máis de 6.000 estudantes de Narón e comarca.

“Os libros Eu son Suleiman y Me llamo Adou achegan ao lector conmovedoras historias en primeira persoa. Historias que reficten a desesperación de mulleres e homes, e tamén nenas e nenos que, forzados por determinadas situacións, se ven practicamente obrigados a fuxir dos seus países de orixe na procura dunha vida mellor para eles e as súas familias”, indicou. Tamén destacou Ferreiro que precisamente esa fuxida “está cargada de sufrimento e desesperación pero tamén de esperanza” e valorou o feito de que Lozano e Castellanos traten nos seus libros “a dimensión máis humana da migración”.

Tralas intervencións dos autores e do público a alcaldesa de Narón pechou o acto agradecendo de novo a asistencia de Antonio Lozano e Nicolás Castellanos e tamén do público que acudiu ao mesmo.

Lea también

Este lunes, nuevo turno de talleres infantiles del Museo de la Construcción Naval

El segundo turno de talleres infantiles del Museo de la Construcción Naval durante el mes …