En defensa das Humanidades no Campus de Ferrol

No artigo de hoxe, e seguindo as últimas novas da nosa comarca, trataremos sobre os cambios na oferta académica que se teñen producido na Universidade da Coruña, especificamente no seu Campus de Esteiro, nestes últimos días; ou polo menos nestes días é cando ten transcendido ao gran público estes cambios vindeiros.

Así pois, hai unhas xornadas, os ferroláns espertábamos coa nova dunha futura extinción dos actuais graos en Humanidades e en Información e Documentación, e pola contra coa creación dun novo grao de Xestión Industrial da Moda, quizais isto coma compensación polos dous extintos, ou meramente por darlle uso a facultade onde se impartían os dous graos a fenecer, e que ata agora coñecíamos por Facultade de Humanidades e Documentación.

Sen ben, é certo que estas dúas non son as únicas titulacións a extinguir, pois aínda dúas mais van a desaparecer na UDC, das que destacaremos enxeñería eléctrica, por afectarlle neste caso ó Campus de Serantes. Se ben, é certo que outros graos vanse a impartir na UDC. Se ben, todo iso é certo, tamén o é que os cambios afectan especialmente a Facultade de Humanidades, a cal vese privada dos dous únicos graos que nela se cursaban, e ofrecéndoselle no troco unha titulación en Xestión Industrial da Moda, a cal esta por ver se pode manter a esencia humanística que calquera esperaría nunha facultade de Humanidades.

Apuntar isto último parece, como se din, unha cousa de “perogrullo” pero quizais, visto o que estar por vir, fai falla lembrar ata o máis obvio. Son estes malos tempos para as humanidades, a ninguén se lle escapa, nos que a dialéctica imperante é utilitarista e economicista, véndose, dende esta forma de entender e facer mundo, a cultura en xeral, e as humanidades en particular, marxinadas ou relegadas a un papel secundario fronte a aquelas áreas que aportan beneficios e progreso material inmediato. É pois, que entendendo o contexto ideolóxico das sociedades nas que o feito se produce, que o propio feito non nos sorprende, nin resulta incoherente respecto ao carácter da sociedade que o efectuou. “Entedemos” pois que raciocinio leva a baleirar de oferta humanística a unha facultade de humanidades e a optar pola implantación dunha nova titulación innovadora; un no que o “progreso e a innovación” é credo, e a cultura algo pouco práctico xa que non da rédito. Podería botárselle man os número e sinalar que estes graos tiveron uns niveis moi baixos de matrículas nestes anos, é sería certo, o que os convertía nun servizo pouco rendible e custoso. Se ben, deberíamos preguntarnos os porqués de tan poucas matriculacións, sobre todo se queremos dar coa a medida máis apropiada. Quizais sexa pola existencia de titulacións semellantes nas proximidades, quizais porque a universidade de Ferrol, ou mesmo a propia cidade non resulte unha opción atractiva, ou polo menos non tanto coma outras, quizais pola propia organización das titulacións a extinguir, ou quizais por unha combinación de varias das anteriores. Se fose só pola sobreoferta en Galicia podería parecer razoable a supresión destas titulacións, e como resposta directa procurar algo innovador e único que puidese atraer a máis estudantes ou mellor dito máis matrículas, pero sería caer no análise simplista e na dialéctica que antes denunciabamos.

Con isto non pretendemos facer unha oda o inmobilismo testalán, pois entendemos que a innovación e o inconformismo coa realidade existente é consubstancial ao home e un importante factor de cambio na historia. Se ben, entendemos isto último, tamén é que queremos actuacións baseadas nunha reflexión máis profunda e menos cegada pola ansiedade de estar á última ou á moda.

Laiámonos polo que vai supoñer esta perda para a cidade, e concretamente para o seu patrimonio, isto é a perda dun centro dende onde se podía traballar para dignificación dun patrimonio histórico extenso, e que por mor dunha parte do mesmo a cidade aspira con xustiza a ser recoñecida coma Patrimonio da Humanidade. Congresos, seminarios, obradoiros e estudos poderían organizarse en torno a ese patrimonio, e na que o alumnado destes grados ben puidesen ter un papel activo, máis aló de ser simples receptores pasivos, fartiños pola enchente de información. Así pois, o mesmo tempo que se lles ensina e se lles dota, dunha maneira práctica, das ferramentas propias do investigador estaríase a promover o patrimonio histórico local e en consecuencia a cidade. Con isto pode que tanto as titulacións ofertadas coma a cidade resultaran máis atraíntes. Unha facultade de humanidades non debe estar illada da realidade que a rodea, e menos nunha cidade coma Ferrol. Deberíase apostar pola interacción co entorno, e non facelo ou deixar de facelo é un erro. Lamentémonos pois polo que puido ser.

Lea también

«Só Elas» en su V Aniversario

Julia M.ª Dopico Vale En abril de 2019 se presentaba ante el público ferrolano la …

Un comentario

  1. Creo que la facultad habría tenido sentido si se hubiera involucrado desde el primer momento en la gestión del patrimonio de una forma centrífuga, empezando por lo más cercano y siguiendo por el área de influencia. Ya no es sólo el patrimonio de Ferrol, es que si se hubieran mentalizado podrían haber convertido el centro en una entidad de referencia desde donde estudiar el patrimonio de Galicia. En Galicia tenemos varios conjuntos y bienes declarados patrimonio mundial, varias fiestas de interés turístico internacional, los caminos de Santiago, el legado celta, el medieval, los pazos, hórreos y cruceros, la Ilustración, el Modernismo, diversas manifestaciones culturales como la literatura, la arquitectura, la música, las fiestas o la gastronomía… pero claro, sale más a cuenta estudiar y excavar Mesopotamia que Lobadiz, por poner un ejemplo.