A Mancomunidade celebra o primeiro obradoiro de turismo de surf «Costa das Ondas»

A vindeira semana, o xoves 30 de novembro de 2017, vaise desenvolver o primeiro obradoiro da Costa das Ondas no Antigo Hospicio de Ferrol, na praza de Amboaxe.

O evento, enfocado ao sector turístico, iniciase as 16:00 e contará coa presenza de personalidades do sector que disertarán e abrirán debate sobre a importancia da profesionalización do sector e a creación de sinerxias conxuntas para o desenvolvemento local.

Neste encontro profesional de Turismo de Surf, as empresas participarán en pequenas xuntanzas a fin de crear relacións que impulsen a competitividade das empresas turísticas vencelladas ó surf e en xeral todo o sector empresarial do territorio.

Toda información para facer a inscrición está na páxina web www.costadasondas.surf/actualidad.

Esta xornada é froito dunha xornada informativa sobre grandes ondas, abertas no pasado ano no Hospicio, no que se detectou o interese das propias empresas enfocadas ao surf como baluarte turístico en crear sinerxias comúns que favorecesen a profesionalización do turismo de surf e de contar cun foro para o debate e o crecemento.

PROGRAMA

16:30 Apertura do evento
17:00 Inauguración
17:30 Presentación por parte dun representante do Clúster de Turismo de Galicia
18:00 Comezo speed meetings workshop
20:00 Clausura

Lea también

El Racing infantil logra un brillante ascenso a División de Honor

El Racing infantil certificó el domingo su ascenso a División de Honor tras derrotar al Vitoria. …