O XIV Trofeo Cidade de Narón de Tiro con arco disputarase este sábado no Pavillón Campo da Serra

Alberto López, Román Romero e Montse Vilela en rolda de prensa – Concello de Narón

O Concello de Narón e o Club Arco Narón organizaron o “XIV Trofeo Cidade de Narón” de Tiro con Arco. O concelleiro de Deportes, Román Romero, e o presidente do Club Arco Narón, Alberto López, presentaron esta mañá en rolda de prensa este evento deportivo, xunto con Montse Vilela, secretaria do clube naronés. A cita será o vindeiro sábado, día 25, no pavillón Campo da Serra, en Santa Icía. Participarán nesta edición noventa e seis arqueiros de diferentes concellos galegos e tamén algún doutros municipios e incluso de países como Francia.

A primeira serie da competición, que inclúe as categorías desde Benxamín ata Veteranos, dará comezo ás 14.40 horas, se ben o campo abrirase a partir das 13.15, coa recepción dos arqueiros e a revisión do material, e ás 14.30 rematarán as tandas de adestramento. Tras un descanso fixado para as 16.10, ás 16.20 comezará a segunda serie da competición e ás 18.00 servirase un refrixerio para os participantes. Finalmente desenvolveranse as tandas eliminatorias, desde as 18.30 horas, nas que se proclamarán os vencedores para, a continuación, proceder á entrega de trofeos, sobre as 20.30 horas. As noventa e seis persoas participarán en dous turnos, colocándose nas citadas instalacións deportivas un total de 25 parapetos, con catro dianas en cada un.

En total repartiranse trinta e tres trofeos –para todas as categorías- e outros dous a maiores para as persoas que obteñan a maior puntuación en arco composto e arco recurvo, tal e como explicou López.

O edil de Deportes de Narón animou á veciñanza a asistir a este evento, no que xogarán menores e adultos cun destacado nivel nesta práctica deportiva.

Lea también

Adrián Orjales, Mejor Deportista del Año de Valdoviño

El arquero internacional Adrián Orjales fue proclamado como el Mejor Deportista del Año durante la …