Narón iniciou os actos do programa do 25-N cunha concentración e a lectura do manifesto da campaña “En Negro contra as violencias”

Concentración na entrada do Concello – Concello de Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá un acto organizado polo Concello con motivo do 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A rexedora do municipio agradeceu a participación de todas as persoas que se concentraron este mediodía, ás 12.00 horas, ante a porta principal do Consistorio, en sinal da “firme condena á violencia de xénero”.

Manifestamos hoxe e sempre a nosa máis enérxica repulsa a esta lacra social, e o compromiso de loitar xuntos para acabar co asasinato de tantas vítimas inocentes”, apuntou a alcaldesa da cidade. Foi precisamente Ferreiro a encargada de iniciar a lectura do manifesto do 25-N, da campaña “En Negro contra as violencias”, á que se adheriu o Concello de Narón. Tamén leron unha parte do manifesto os portavoces de TEGA, Guillermo Sánchez Fojo; do PSOE, Catalina García; de EU, André Abeledo e, por último, a edil de Igualdade, Teresa Sabio.

O acto rematou cun aplauso dos asistentes en sinal de apoio a esta campaña de erradicación da violencia de xénero.

O Concello continuará o vindeiro luns, día 27, cos actos programados con motivo do 25-N. Nesa xornada terá lugar, ás 12.00 horas, unha ofrenda floral no Monumento á Muller localizado na Praza da Gándara e no que se repartirán flores aos asistentes –ata esgotar existencias- para colocar na citada ubicación. A concelleira de Igualdade lerá tamén xunto ao Monumento á Muller o manifesto da campaña “En Negro contra as violencias”.

Lea también

A Feira da Plantación de San Sadurniño bate a súa propia marca de participantes con 67 postos

A área de Desenvolvemento local acaba de publicar que serán 67 el número de postos  participantes …