A primeira edición da Feira Pequeniñ@s terá lugar esta fin de semana no pavillón Campo da Serra

A primeira edición da Feira Pequeniñ@s celebrarase esta fin de semana, os días 2 e 3 de decembro, nas instalacións do Pavillón Campo da Serra, en Santa Icía. A edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou a mañá deste martes o evento, organizado polo Concello e dirixido ao público familiar e infantil. A entrada é de balde e o horario de apertura os dous días é ininterrompido, de 11.00 a 20.30.

“Lecer, saúde, ensino e moda son as áreas nas que se centrará esta feira infantil, á que desde o Concello de Narón convidamos a asistir a todas as persoas interesadas nestas áreas, porque terán a oportunidade de ver nun mesmo espazo numerosos expositores relacionados con estes sectores, entre outras propostas pensadas tanto para as nenas e nenos como para os maiores”, apuntou Gómez.

A concelleira naronesa explicou que participarán neste evento unha trintena de expositores de moda, fotografía infantil, xogueterías, academias e doces, entre outros. Así mesmo, Gómez apuntou que tanto na xornada do sábado como do domingo haberá polas mañás e polas tardes, de 12.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.30 unha serie de charlas que impartirán diversos profesionais e nas que se abordarán temas relacionados coa educación dos fillos e fillas, orientadas polo tanto aos seus proxenitores. Tamén durante todo o día se impartirán unha serie de obradoiros de robótica, manualidades, cociña, pintacaras e globoflexia, entre outras opcións, dirixidos aos nenos e nenas e que se organizarán nos diferentes expositores.

No pavillón Campo da Serra habilitarase ademais un espazo a modo de zona de entretemento para os rapaces e rapazas, co fin de que o evento teña un carácter lúdico e, á vez, formativo.

Nalgúns dos expositores participantes ofreceranse agasallos e descontos aos visitantes. Todo Ocio Lego Narón, Azúcar Calzado Infantil, Nenoos Narón, Podología Narón, 9Noventay9 Narón, Bule Bule, O Muíño do Fabal, Estudio de Danza Paloma, Espiral Críame, Carsip Ferrol, El Globo e Un Pedacito de mí, son algúns dos establementos de Narón e doutros concellos da comarca que participarán nesta primeira edición da Feira Pequeniñ@s.

A concelleira de Feiras e Mercados agradeceu aos propietarios destes establecementos a súa implicación neste evento organizado polo Consistorio.
No pavillón Campo da Serra ofrecerase un amplo espazo para que as familias poidan ver e adquirir numerosos produtos relacionados co mundo infantil e algúns deles tamén dirixidos especificamente aos maiores”, recalcou Gómez.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …

2 comentarios

  1. No es verdad que lo organice el Concello. Esta concejala lo que hace es ceder gratis el pabellón para que lo organi e una empresa de Ferrol, que además de tener el pabellón gratis, cobra a los expositores por participar (también a los de Narón que con sus impuestos permiten que haya pabellones). Así, porun lado la empresa se lo lleva todo crudo, el Concello se cuelga medallas sin mover un dedo, los expositores de Narón pagan dos veces (una con impuestos, otra por participar) y los partidos y el gobierno municipal ni dicen ni hacen; prefierenn ser cómplices. Viva el vino.

  2. lo raro es que no se denomine , feira pequeniñ@s cidade de naron , como todo lo que se hace en este pueeblo