Ares e Mugardos rematarán 2017 coa popular carreira de fin de ano

Edición anterior da carreira – Concello de Mugardos

Ao Concello de Mugardos tócalle este ano pintar as liñas da saída e da meta da XIII edición da Carreira Popular de Fin de Ano que organiza conxuntamente con Ares e que percorre un itinerario de dez kilómetros por ambos os dous municipios. Desta volta a proba cae no derradeiro día de 2017, en 31 de decembro –é tradicionalmente o último domingo do mes-, e como en edicións anteriores a participación estará limitada a 500 corredores.

As inscripcións poden facerse xa e até as 23.59 horas do 27 de decembro, a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, realizando un pago de tres euros. Porén, a confirmación da participación na proba virá coa retirada do dorsal o mesmo día, no pavillón polideportivo do Cristo, entre as 09.00 e as 10.45 horas. A saída darase diante do Concello mugardés, ás once da mañá.

A proba ten carácter popular e forma parte do calendario anual da Federación Galega de Atletismo, que prestará asistencia técnica aos organizadores. Os participantes deberán ter cumpridos 16 anos na data de celebración da carreira. Entre todos sortearanse ao remate dez cestas de Nadal.

O percorrido, desde a Casa do Concello de Mugardos, irá polo casco desta vila ata a Avenida do Mar e logo subirá polo Mercado e a rúa Apelón para tomar a estrada AC-130 en dirección a Ares. Alí os corredores chegarán até o paseo marítimo, onde atoparán un avituallamento líquido, e logo pola avenida Saavedra Meneses e a rúa García Expósito para retomar a estrada comarcal de volta a Mugardos. A meta estará no pavillón do Cristo, onde os deportistas recibirán avituallamento líquido e sólido para repoñerse. Estímase que a carreira terá un tempo de entre 31 e 65 minutos.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …