A alcaldesa de Narón aclara ao PP o relativo á cuncha acustica do pazo da Cultura

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, lamentou unha vez máis o “profundo descoñecemento” do funcionamento das administración amosado polo portavoz do grupo municipal do PP na cidade. Nesta ocasión o concelleiro popular asegurou que o equipamento da cuncha acústica deixouno firmado un goberno do PP na Deputación da Coruña, “nada máis lonxe da realidade porque o que se asinou nese mandato foi un protocolo de intencións, o 13 de outubro de 2011, no que se aludía a unha colaboración para sufragar os gastos entre ambas administracións”. Ferreiro recalcou que “como moi ben debería saber o portavoz do PP de Narón, nese protocolo de intencións non existía dotación económica algunha para a cuncha acústica, algo que se materializou no actual mandato da administración provincial, concretamente no ano 2015”.

“O que si lamentamos desde o goberno local é precisamente que o PP de Narón non se molestase ata agora, que xa está operativa a cuncha acústica no Pazo, de realizar desde o 2011 ata o 2015 os trámites necesarios na Deputación para que se instalase antes, algo que de seguro lles agradecerían as veciñas e os veciños de Narón”, subliñou a alcaldesa.

No ano 2015 o Concello e a Deputación comprometéronse a avanzar nesa área e no mes de xullo de 2016, tralas xestións realizadas polo goberno local naronés e a administración provincial, aprobouse no pleno da Deputación o convenio no que si se recollía unha contía de 284.350 euros para licitar a cámara de concertos do Pazo. No citado acordo xa se contemplaba, recordou Ferreiro, que ambas administracións cofinanciarían este equipamento, como así se fixo.

“O equipo de goberno de Narón continuará traballando como o veu facendo ata o de agora polas veciñas e veciños da cidade”, subliñou Ferreiro, que incidiu en que “é unha lástima que o PP non faga o mesmo porque sen dúbida algunha se precisamente as naronesas e os naroneses fosen para eles unha prioridade no seu traballo diario é certo que este equipamento podería estar instalado hai varios anos no Pazo da Cultura, pero acórdanse tarde de axilizar as xestións”.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …

2 comentarios

  1. En resumen, que como de costumbre tega no puso un duro, la discusión es si pago el pp o el psoe

  2. El 20%. Y aún así se ponen las medallas.