En Galego de película, ciclo de cine en galego para os escolares dende primaria a ciclos formativos

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Normalización Lingüística e Participación, ven de poñer en marcha novamente o ciclo de cinema ‘En galego, de película’, en colaboración coa coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

Desenvolverase do 18 ao 20 de decembro no Teatro Jofre e ofrecerá as seguintes películas, nas datas e cos pases que se indican, para escolares de Educación Primaria e Infantil, e de ESO, Bacharelato e ciclos formativos.

A inscrición pode e debe facerse desde xa no correo gnl@ferrol.es ata o 13 de decembro. Co fin de garantir a participación de, polo menos, un grupo de cada centro de ensino solicitante, confirmarase o número de prazas concedidas a cada centro ao remate do prazo de inscrición.

INFANTIL E PRIMARIA

Rato Pérez, o ratiño dos teus soños. Unha proxección de 90 minutos.

-Luns, 18 de decembro, con dous pases as 10.00 e as 12.00 horas
-Mércores, 20 de decembro, 10.00 h e 12.00 horas

Lucas (Mathías Sandor) é un neno de oito anos que non cre na maxia e quere saber como fai o Rato Pérez para cambiar dentes por moedas sen que ningún neno nin nena poida velo. No intento por satisfacer a súa curiosidade, sen querer, axudará a que Pérez caia nas mans de Gil Penkoff un empresario sen escrúpulos que procura facerse millonario vendéndolle ao mundo os segredos do mítico rato.

ESO, Bacharaleto e ciclos formativos

Un amor por descubrir, 105 minutos

Martes, 19 de decembro
Pases: 1) 10.00 h; 2) 12.00 h ; 3) 16.15 h

Tony Egan é un granxeiro irlandés que recibe una carta da súa irmá desde Estados Unidos, onde foi vivir vinte anosatrás, na que o informa da súa próxima morte e solicítalle que se faga cargo do seu fillo. Cando este chega á pequena comunidade irlandesa coas cinzas d súa nai, prodúcense as reaccións máis rancias debido á cor da súa pel negra. Unicamente encontrará o apoio dunha moza que é a filla de Joe Brady, poderoso propietario do pub local e inimigo declarado de Tony.

Lea también

Ferrol solicita una subvención de 100.000 € para potenciar la candidatura a Patrimonio de la Humanidad

La concejala de Patrimonio Histórico, Maica García, avanzó este martes que el Ayuntamiento de Ferrol acaba …