Paula Mayobre e Pedro Osorio gañan o II Cross Vila de As Pontes

Podio da proba feminina – Xosé Ferreiro

(Xosé Ferreiro) O mércores disputose na Carballeira da Fraga pontesa a segunda edición do Cross Vila de As Pontes, dende as 11 da mañá e con preto de 300 inscritos nas súas diversas categorías.

Nunha mañá moi fría pero soleada, celebrouse o evento amenizado polo speaker Xalo Maira, organizado polo Atletismo Olympo, coa colaboración do Concello de As Pontes e o patrocinio de Matojoma.

Os gañadores absolutos foron a gran atleta de Ares Paula Mayobre (Clínica Dental Seoane Pampín) e o prometedor ferrolán Pedro Osorio (Ría de Ferrol), aínda en idade xuvenil.

Segundos foron Maikel Rodríguez (Budiñoraid) e Inés Bereijo (Ría de Ferrol), e terceiros Antonio Teijido e Karola Bohme, ambos do Verxel.

Os mellores ponteses foron Esteban Díaz, que venceu nun apretado sprint ao eterno Minecho, e Laura Cabarcos, participando moitos atletas locais, entre outros moitos o subcampión mundial de Piraguismo Daniel Feijoo.

Na categoría xuvenil sub18 venceu Aldo Rey (Ría de Ferrol), seguido de Diego Martínez (Coruña Comarcas) e Samuel Dopico (Ría de Ferrol). Na categoría feminina o ouro foi para Alba Méndez (Sada), a prata para Valentina Araoz (Ría de Ferrol) e o bronce para a local Cristina Souto (Olympo).

Na proba cadete sub16 gañou Sara Bogo (Politécnico de Soria), secundada por Andrea López (Cedeira) e Ana Vallines (Lourenzá), mentres que nos rapaces triunfou Hugo Prida (Valdoviño), seguido dos locais Hugo Blanco (Instituto) e Antón García (Olympo).

En infantil Sub14 gañou Iván Rego (Atlética Lucense), secundado no podio por Ian Méndez (Lourenzá) e Jorge Sánchez (A Coruña). Nas féminas triunfou Carmen García (Lourenzá), seguida de Sheila Barro (Olympo) e Lara Ríos (Náutico Narón).

Na competición alevín sub12 o vencedor foi o pontés Destaw Pellón, seguido de Diego González (Ría de Ferrol) e Antonio Graña (Olympo), mentres que a vencedora feminina foi Aroa González (Atletismo Fene), acompañada por Henar Méndez (Lourenzá) e Alba Pena (Atletismo Narón).

Outro triunfo local prodúxose no benxamín Sub10, no que gañou Lucas Blanco (Colexio A Fraga), seguido de Xandre Domínguez (Olympo) e Miguel Real (Egovarros Viveiro). Nas cativas gañou a coruñesa Aitana López e segunda a pontesa Saleta Barro.

Ás 13:00 horas levouse a cabo a entrega de medallas, a cargo da gran Susana Castro e Tania Bellas, do Atletismo Olympo, o Campión Mundial de Kung Fu, Jose Rodríguez López “Cope”, de Matojoma, e a Concelleira Montserrat García Chavarría.

Ademais dos diversos metais, ós dous gañadores absolutos deuselles, xentileza de Panadería San José, un manteigado por cada kilo de peso, resultando 64 para Pedro Osorio e 58 para Paula Mayobre.

Podio da proba masculina – Xosé Ferreiro

Lea también

La AD Judo Ferrolterra participará en la Copa de Europa de Portugal en Coimbra

Este fin de semana se celebra en la ciudad portuguesa de Coimbra la edición 2019 …