Ferrol oferta 150 prazas para conciliar, xogar e aprender neste Nadal para nenos e nenas de 3 a 12 anos

Saínza Ruiz en rolda de prensa – Concello de Ferrol

O Concello de Ferrol oferta 150 prazas en distintos campamentos para nenos e nenas do noso municipio para conciliar, educar e xogar en igualdade, construír novos espazos en galego para relacionarse, coñecer o entorno natural e os propios barrios e mesmo para construír e aprender a voar un dron. Esta última actividade, pode ser compartida cos pais, que desexen acompañar aos seus fillos na montaxe e ensamblaxe do seu propio dron.

Os concelleiros de Benestar Social, Saínza Ruiz, e o de Participación e Normalización Lingüística, Álvaro Montes, presentaron hoxe a oferta de campamentos urbanos e ruraris do Concello de Ferrol para este Nadal en tres paquetes diferenciados a escoller: PEQUEEDUCA en Igualdade, GALICAMP na zona rural e, como novidade deste ano 2017, a Escola de Pilotos no Inferniño.

Todos os campamentos son de balde, para nenos de 3 a 12 anos empadroados no municipio e cómpre facer a inscrición do xeito habitual, completando a folla de inscrición que xa está a  disposición tanto na páxina web do Concello como no propio Rexistro Xeral do Pazo Municipal, de 9:00 a 14:00 horas.

PEQUEEDUCA: DO 22 AO 5 DE XANEIRO NA CASA DA XUVENTUDE E PRAZA DE ESPAÑA

Tal e como explicaba hoxe a concelleira de Benesta Social, Igualdade e Mocidade, Saínza Ruiz en rolda de prensa, esta nova edición do Pequeduca ven chea de novidades e vaise desenvolver do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, ambos incluídos en dúas localizacións: Casa da Xuventude, na rúa Almendra, e na ludoteca da Praza de España.

Hai 50 prazas para nenos e nenas de 3 a 12 anos, en horario de 8:30 a 14:30, con con de dous a tres monitores e un coordinador, enfocados a favorecer a conciliación no Nadal e a fomentar a educación en igualdade e a autocoñecemento a través do xogom, cunha pequena merenda saudable a media mañá, e distintos obradoiros (cociña e corresponsabilidade, reciclaxe e manualidades de Nadal, obradoiros de experimentación,… ).

Entre as novidades, unha das actividades vaise centrar no descubrimento de:

-“O propio barrio no Nadal, con saídas polo barrio para facer un gran mural.

-‘Os fíos da Información’, proxecto de autocoñecemento e estatística, e na trac final do campamento, unha Busca do Tesouro e unha gran festa de despedida.

Lembrade que todo é de balde, e o prazo para anotarse estará aberto do 11 de decembro ao venres 15 no Rexistro.

GALICAMP, Campamentos da lingua no entorno rural en Esmelle e Covas

O concelleiro de Participación e Normalización Lingüística, Álvaro Montes, tamén explicaba hoxe polo miúdo os detalles desta nova edición do campamento da lingua que se vai desenvolver en Esmelle e Covas do 26 ao 4 de xaneiro (agás fins de semana e festivos).

En total, son 60 prazas (30 por entidade veciñal) en dous grupos de idade para os mais cativos, de 3 a 6, e un segundo, de 7 a 12 anos, con seis monitores, servizo de madrugadores e merenda de zumes e froita fresca.

Montes destacaba hoxe a aposta do Goberno pola cultura tradicional e polo patrimonio inmaterial con roteiros didácticos pola nosa contorna natural, na zona rural, cun campamento que xa ven funcionando con moi boa acollida no pasado Nadal e tamén no Entroido e no verán.

Vaise desenvolver durante 8 días (agás os festivos e fins de semana) nos locais das entidades veciñais de Esmelle e Covas, de 8:30 a 14:30 horas. O Galicamp é de balde e está aberto a participación de todos os nenos e nenas empadroados no municipio, cubrindo a ficha no prazo, do 11 ao 18 de decembro.

É unha aposta e unha proposta de Normalización que busca fortalecer os espazos de socialización en galego fóra do ámbito educativo, aproveitar como espazo de potenciación do idioma os campamentos, procurar o coñecemento da pluralidade lingüística e combater os prexuízos, promover actividades de respecto e posta en valor do contorno e do medio natural, traballar valores como solidariedade cos pobos, responsabilidade, implicar as familias tecendo redes de apoio para a transmisión do galego como lingua de relación”, manifestou Montes.

ESCOLA DE PILOTOS, DESEÑO E MONTAXE DUN DRON, NO INFERNIÑO

Unha das novidades dos campamentos do Concello para este Nadal 2017 é aposta por un proxecto que conxuga a aprendizaxe coas novas tecnoloxías e a posibilidade de que nenos e os seus pais, nais, madriñas, avós, curmáns ou calquera adulto da súa familia coa que pasar un tempo de ocio compartido e interxeracional.

‘Escola de Pilotos, en catro pasos: deseñar, construír, voar e reparar’.

– Localización: Pavillón do Ensanche, Inferniño.
– Idades: nenos a partires de 8 anos aos 12, que poden vir acompañados dos seus pais e nais, se desexan compartir este tempo cos cativos e colaborar na actividade.
– Prazas e datas: 40 prazas (por orde de inscrición) en catro días, do 26 ao 29 de decembro en horario de 10:30 a 13:30 horas.

Con este programa, búscase favorecer a creatividade dos pequenos así como achegarse ao mundo do xogo desde unha perspectiva diferente baixo o lema: ‘faino ti mesmo’, fomentando valores como a aprendizaxe, a reciclaxe e a constancia. Como recompensa final, os asistentes contarán co seu propio kit de voo e o seu dron, cunhas nocións básica para facelo voar. Haberá, como peche do campamento de pilotos, unha exhibición final aberta ao público no Pavillón do Ensanche.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …