Este mércores no Pazo da Cultura de Narón reunión informativa das axudas do programa FEMP

Este mércores, día 13,  ás 19.00 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón está prevista a celebración dunha reunión informativa das axudas do Programa FEMP 2014-2020 de cara á vindeira convocatoria 2018, da que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 1 de marzo de 2018.

Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar para a xestión das axudas do Fondo Marítimo e da Pesca 2014-2020 no ámbito territorial que abarca dende Narón ata Paderne (Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ferrol e Narón).

Nesta reunión explicarase polo miúdo quen pode acceder a estas axudas, os requisitos que hai que cumprir, a tipoloxía de proxectos que se poden presentar, a intensidade das axudas que se poden recibir, os trámites a seguir e a documentación a presentar, e os prazos de presentación das mesmas, entre outros.

Tamén daranse a coñecer os proxectos que foron subvencionados neste territorio nas convocatorias 2016 e 2017: https://galp.xunta.gal/proxectos-aprobados

Por tal motivo, convidase a todas as persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens; Confrarías de Pescadores; Asociacións do Sector Pesqueiro e as súas Federacións; Asociacións sen ánimo de lucro….. e Entidades Públicas Locais, a participar nesta reunión e que se informen de primeira man desta liña de axudas para este territorio.
Máis información: http://galpgolfoartabronorte.blogspot.com.es/

Lea también

Narón conmemora o Día Internacional do Libro cun “Pequeno obradoiro literario”

Os nenos interesados en participar no Pequeno obradoiro literario organizado na Biblioteca municipal de Narón poderán …