O grupo municipal socialista e o PSOE iniciarán unha comisión de recuperación demográfica

(Fot. GAD)

Na mañá de hoxe no Concello de Ferrol, Beatriz Sestayo Doce, voceira do grupo municipal socialista, compareceu ante os medios de comunicación co obxecto de anunciar a creación dunha comisión de recuperación demográfica na cidade de Ferrol que porá en marcha en xaneiro o grupo municipal Socialista e o PSOE local.

O anuncio se enmarca no contexto da «fonda preocupación por parte da cidadanía en Ferrol sobre o despoboamento da nosa cidade e a necesidade de adoptar medidas ao respecto«. A voceira socialista Beatriz Sestayo entende «incomprensible o abandono do goberno municipal a esta iniciativa socialista que acadou apoio no Pleno o 26 de xaneiro e na que case un ano despois o goberno municipal segue sen acatar. E por iso que o grupo socialista toma a iniciativa nunha comisión con grupos de traballo «abertos á sociedade» sen máis límites que os autovetos aos que cada quen queira someterse«.

A comisión recabará a documentación da comisión creada fai anos no Parlamento Galego e organizará debates abertos á cidadanía e grupos de traballo con persoas expertas na temática e pon a disposición o correo psoe@ferrol.es para recibir achegas de persoas e colectivos.

Este mes daranse os primeiros pasos para solicitar as propias dependencias do Concello, como «espazo de todas e de todos» así como de centros públicos para esa labor que pretende estar iniciada e rematada no ano 2018 a fin de incorporar medidas consensuadas e eficaces nun proxecto de cidade.

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …

Un comentario

  1. A verdade e que esta xente non ten que facer, a recuperación demográfica seria que Felipe Gonzalez non nos cerrase Astano, estes complices agora veñen a dar solución. O de Sestayo xa non ten nombre