O Nadal chega a Fene co Festival de Panxoliñas

Festival de Panxoliñas – Concello de Fene

“O meniño mariñeiro”, “Nadal de Luintra” ou “A Belén vinde pastores”. Son algúns dos temas que soarán este sábado, 16 de decembro, a partir das 20 horas, no XVII Festival de Panxoliñas que terá lugar no CMI Unidade de Fene. No certame, organizado pola Concellería de Cultura de Fene, actuarán a Rondalla Perla do Río, o Tradicoro, as corais Eterna Xuventude, Agarimo de Sillobre, CPS de San Valentín e O Pote, e a rondalla Estrelecer.

Con esta actividade, o Concello de Fene inaugura o ciclo de actividades culturais do Nadal 2017/18. Un programa que inclúe un percorrido do Apalpador polos distintos centros escolares do Concello, os tradicionais festivais das escolas municipais de piano e guitarra, un concerto de Nadal e diversas actividades de maxia, teatro e contacontos. Tamén se anuncian dúas exposicións na Casa da Cultura e, ao remate das festas, o venres 5 de xaneiro, a cabalgata das SSMM os Reis Magos de Oriente e unha festa infantil na praza do alcalde Ramón Souto González.

Lea también

El «XVI Concurso de Piano Sociedad Artística Ferrolana-2024» se celebra este sábado día 20

La Sociedad Artística Ferrolana (SAF), celebrará este sábado día 20 en horario de 10 a 14 …