A edil socialista Catalina García lamenta que Marcos López Balado non realizase aportacións ao Regulamento de Participación Cidadá

A concelleira de Participación Cidadá del Concello de Narón, Catalina García, saíu ao paso das declaracións realizadas polo portavoz municipal do PP naronés sobre o “sistema de Participación Cidadá”. A edil naronesa recordoulle ao voceiro popular que o Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Narón aprobouse no pleno do 27 de outubro de 2008, formando parte os populares do equipo de goberno da cidade, e lamentou o feito de que desde o ano 2011, no que o portavoz do PP pasou a formar parte da corporación local, “falta a primeira vez que se sentase coa concelleira responsable da área ou con outros integrantes do equipo de goberno para presentar nin unha soa aportación a este documento”.

“Se o voceiro do PP viñese ás convocatorias do Consello Territorial de Participación Cidadá sabería que a finais de ano realizaranse unha serie de modificacións entre as que se inclúe abrir eses Consellos ás asembleas veciñais, previa presentación do DNI”, explicou García. Así mesmo, continuou a edil, “tamén se enteraría de que o vindeiro ano poremos en marcha unha aplicación para abrir aínda máis a Participación Cidadá ás veciñas e veciños da cidade”.

A concelleira considera as críticas do voceiro popular como un “reclamo preelectoral” e lamenta que utilice precisamente un organismo como o Regulamento de Participación, cando debería ser “unha bandeira para Narón, porque está pensado para construír, non para destruír, e está suxeito a posibles melloras e modificacións que redunden no beneficio das veciñas e veciños da nosa cidade”.

Finalmente, García pediu ao edil popular que no caso de que, como anunciou, non vaia participar no “sistema”, donde tería que informar é no Rexistro, “e deixar de ir ás xuntanzas cando lle apetece a el ou nos barrios e parroquias que lle interese para dedicarse a tirar pedras, en vez de realizar aportacións constructivas, porque nas poucas xuntanzas ás que acudiron os representantes do PP non abriron a boca”.

A concelleira de Participación Cidadá recordou á veciñanza de Narón interesada en coñecer o documento se pode consultar na páxina de transparencia municipal –https://naron.transparencialocal.gob.es- e asegurou que como responsable desta área municipal “estou á súa disposición para explicar en que consiste e como funciona, podendo reunirse conmigo polas mañás ou polas tardes”.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …

2 comentarios

  1. Pero y de que se gasten 40000€ para avisar a tres personas no habla?? A mi es lo que me interesa

    • El éxito o el fracaso de la participación ciudadana del tripartito… depende de la oposición? Pues que se vayan y los dejen a ellos.