Ferrol é a terceira cidade galega máis transparente

O Concello de Ferrol sitúase como a terceira cidade galega máis transparente da nosa Comunidade, segundo o ranking publicado no mes de xullo de 2017, pola organización Transparencia Internacional España, no cal se analiza a transparencia dos 110 concellos mais grandes de España tomando como referencia .

O índice utilizado por Transparencia Internacional emprega un total de 80 indicadores, moi esixentes e rigorosos, para medir a transparencia dos entes locais, o que permite facer unha valoración moi ampla e concreta do cumprimento das esixencias impostas pola Lei de Transparencia.

Fetrol obtivo concretamente 86,3 puntos sobre 100 na valoración global, experimentando así a maior suba rexistrada dende o ano 2009, xa que a puntuación acadada polo Concello na edición do ano 2017 foi 15 puntos superior á anterior do ano 2014 (71,3 puntos).

A entidade local presenta os seus mellores resultados en dous eidos concretos, nos cales Ferrol se sitúa por enriba da media española; por unha banda no bloque da transparencia na páxina web, relacións coa cidadanía e a sociedade e participación cidadá (93.3/100) no que sobe dende os 68,8 puntos do ano 2014, e por outra, no bloque da transparencia económica-financeira (95.5/100), 22,8 puntos máis que na edición anterior.

Nas demais áreas a puntuación obtida achégase cada vez máis a media española.

Cómpre destacar o importante aumento acadado en eidos coma o da transparencia activa e información sobre a Corporación municipal ao sumar 18,3 puntos máis respecto do resultado do ano 2014, situándose así a tan só 2,2 puntos da media estatal.

Os indicadores dos ITA esixen mais respecto dos utilizados por outras entidades, xa que Transparencia Internacional vai ao detalle, afondando en cada indicador, o que fai que resulte complexo acadar a puntuación completa en cada un deles.

Dende o Concello de Ferrol tamén queren destacar que «logo da recente publicación dunha clasificación da transparencia, por parte da Universidade Rey Juan Carlos I e dunha consultora privada, puntualizar que en ningún momento se puxo en contacto co Concello de Ferrol para a realización do mesmo. É importante destacar que os datos oficiais do Indice Internacional de Transparencia (ITA) empregan un total de utilizando 80 indicadores, fronte a outros estudos menores, como o que fixo público neste días a Universidade Rey Juan Carlos I e Galileo Ingeniería y Servicios, S.A., que tan só emprega 55, e que situaba a Ferrol no posto 117, de 141 municipios malia que ocupa oposto 83 do ITA«.

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …