O gran circo ximnástico este venres no Pavillón do Ramo

Instante dun adestramento – Concello de Fene

Ao redor dun cento de ximnastas tomarán parte este venres, 22 de decembro, nun novo Festival de Nadal do Club Ximnasia Artística Ferrolterra. O evento comezará ás 19.00 horas nas instalacións do pavillón do Ramo (Barallobre). Entrada libre.

Este ano o Festival de Nadal do Club Ximnasia Artística Ferrolterra terá unha temática circense. No devir do espectáculo – que terá unha duración aproximada de dúas horas- o alumnado ofrecerá unha demostración do traballo que realiza a diario durante os adestramentos. Así, haberá exhibicións de chan, barra, paralelas e salto.

Lea también

El 5 de mayo, Torneo 3X3 de baloncesto “Jornada Histórica de la Armada “, en Ferrol

El próximo domingo, día 5 de mayo, en el contexto de las actividades que se …