A alcaldesa de Narón asinou convenios coa Asociación contra o Cancro e Exalcohólicos Ferrolterra

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou dous convenios de colaboración coa presidenta provincial da Asociación Española Contra o Cancro, María Elena Viturro, e o presidente da Asociación de Exalcohólicos Ferrolterra, Miguel Fraga. O concelleiro de Sanidade, Octavio Dopico, acudiu tamén á convocatoria, coa que se materializa unha achega económica que en total ascende a 4.000 euros.

O acordo contempla que no caso da Asociación Española Contra o Cancro a partida destinarase ao desenvolvemento de obradoiros ocupacionais, como os recollidos no Programa de Atención Integral ao Enfermo de Cancro. Entre as actividades previstas, tal e como se recordou, están obradoiros de piscina para mulleres con cancro de mama e tamén de fatiga oncolóxica para todos os afectados de cancro, para potenciar o exercicio físico durante e depois do tratamento. O Concello de Narón aportará 2.000 euros á AECC, tal e como indicou Ferreiro.

A Asociación de Exalcohólicos Ferrolterra recibirá tamén 2.000 euros das arcas municipais. Neste caso a partida destinarase a programas de Prevención de recaídas que se dirixen a usuarios residentes en Narón en tratamento ambulatorio. Así mesmo, axudarase aos pacientes a diferenciar e identificar as situacións de alto risco que poderían levalos a unha posible recaída e fomentaranse hábitos de vida saudables entre o colectivo.

A presidenta provincial da Asociación Española Contra o Cancro e o presidente da Asociación de Exalcohólicos Ferrolterra agradeceron a

colaboración do Concello de Narón coas entidades. Pola súa banda, a alcaldesa da cidade, destacou a “importante labor que desenvolven estas dúas asociacións cos usuarios das mesmas, aos que debemos facilitar desde as administracións toda a axuda posible para contribuír a mellorar a súa calidade de vid

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …