A empresa Cosma cortará mañá pola tarde o subministro de auga en San Xiao e Castro

O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, anunciou un corte no subminisrto de auga que realizará mañá pola tarde a empresa Cosma e que afectará ás parroquias de San Xiao e Castro. O corte comezará ás 16.00 horas e rematará sobre as 20.00 horas, tal e como se prevé desde a compañía.

O edil naronés indicou que esta medida se deriva da necesidade de realizar labores de mantemento na rede e pediu desculpas á veciñanza das dúas parroquias afectadas polas molestias que poida ocasionar este corte no subministro. Santalla explicou que os traballos a realizar responden á necesidade de acometer unha reforma no bombeo da zona do Feal.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …