Mugardos impulsa a ximnasia rítmica coa celebración dun campus

Participantes do campus – Concello de Mugardos

Un total de once nenas de entre catro e dez anos asisten hoxe e mañá ao Campus de Ximnasia Rítmica organizado pola área de Deportes do Concello de Mugardos. O goberno local organizou a iniciativa coa intención de impulsar unha actividade deportiva que conta na vila con certa afección. Ademais da convocatoria deste campus, recentemente a institución municipal invistiu uns 4.000 euros na compra dun tapiz.

A escola de ximnasia rítmica do Concello de Mugardos vén desenvolvéndose desde o ano 2015 e neste curso conta con 27 nenas inscritas. No campus que comezou hoxe participa, xunta á profesora de ximnasia rítmica que habitualmente leva a escola municipal, unha monitora de danza. A actividade desenvólvese de 10.30 a 13.30 horas no Pavillón Municipal do Cristo.

Lea también

Álex Rilo, representación ferrolana en la Copa del Mundo de Lievin

El ferrolano Álex Rodríguez Rilo disputará este sábado la Copa del Mundo de Lievin en …