O Concello de Narón instala unha pista de patinaxe en A Gándara

(Foto: Galicia Ártabra).

A pista de patinaxe que se instalou na Praza da Gándara permanecerá aberta desde esta tarde ata o vindeiro 7 de xaneiro. Entre as 16.30 e as 19.30 horas as persoas que o desexen terán a oportunidade de participar na iniciativa Vilas de Nadal, na que se enmarca esta proposta. Os patíns alúganse por dous euros –por persoa- para un tempo duns vinte e cinco minutos na pista. Así mesmo, na citada ubicación, a partir das 18.00 horas haberá actuacións e tamén obradoiros e un photocall máxico durante toda esta semana. Na xornada do sábado día 6 tamén se poderán sacar autofotos con Artabán, o rei da solidariedade, e serviranse de balde castañas asadas.

O programa Nadal Máxico. O Nadal na rúa! continúa tamén hoxe, e ata o venres día 5, na Praza de Galicia, entre as 16.30 e as 19.30 horas. Xogos infantís, contacontos, obradoiros, un photocall máxico e animación en movemento forman parte desta proposta navideña na cidade.

Na Ludoteca municipal da Solaina seguen desenvolvéndose as actividades de Nadal. Se hoxe foi o turno dos Xogos deportivos, entre as 10.00 e as 13.00 horas, mañá as nenas e nenos de 3 a 12 anos poderán participar no Día Solidario, intercambiando xogos, xoguetes ou libros entre eles, ou na Mostra de talentos, amosando nese mesmo horario as súas habilidades na música, o canto ou o baile, entre outras posiblidades. O xoves e o venres será o turno do Obradoiro de construción de xoguetes, no mesmo horario e na Ludoteca municipal.

As propostas de hoxe incluíron ademáis actividades de Tenis de Mesa e Tiro con Arco no pavillón Campo da Serra, de 10.00 a 13.00 horas. A actividade forma parte do programa DeporNadal, que continuará mañá con Baloncesto e Judo –de 10.00 a 11.30 e de 11.30 a 13.00 respectivamente- no poolideportivo da Gándara; o xoves día 4 con tres horas de Golf no Club de Golf Campomar, no Val, e rematará o venres día 5 con Baile deportivo e Remo, tamén no pavillón polideportivo da Gándara.

Na Aula Cemit de Xuvia continúan as sesións do programa municipal Informática Divertida, INDI, dirixidas a nenas e nenos de Narón de entre 8 e 12 anos. Nesta actividade, que tamén se programou na zona rural, os menores aprenden cuestións relacionadas co mundo da robótica educativa.

O venres día 5 celebrarase, como cada ano, a Cabalgata Solildaria. A comitiva de carrozas realizadas polas veciñas e veciños de Narón partirá sobre as 16.00 horas de Xuvia –dunha parcela localizada fronte a Megasa, na estrada de Castela- para dirixirse pola estrada de Castela ata a Praza de Galicia. Sobre as 17.30 horas Melchor, Gaspar e Baltasar, xunto co rei da Solidariedade, Artabán, recibirán aos nenos e nenas, que terán a oportunidade de reunirse con eles e de desfrutar de actividades infantís. En caso de persistir o mal tempo haberá algúns cambios no desenvolvemento da Cabalgata, que se anunciarán coa debida antelación.

Lea también

Neda celebra la tradicional fiesta de los Maios en Albarón

Más de 300 personas, entre alumnado y profesorado de los CEIP de Maciñeira y San …

2 comentarios

  1. Genial idea. Instalar una mini-pista de hielo donde no entran más de 6 personas a la vez, y ponerla a funcionar solamente 5 días, pasados ya todos los festivos de Navidad y solo en horario de tarde. Están que se salen en Narón.

    • A pista non é enorme, pero para caber solo 6 personas deben de ser ben fornidas. Eu fun onte hasta alí e había un lote de cativos pasandoo de medo… algúns mais de 6 caben, tampouco esaxeremos…