Cabanas promove un curso de defensa persoal para mulleres

Instante do curso de defensa persoal – Concello de Valdoviño

O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Cultura e Deportes, promove un curso de defensa persoal dirixido ás mulleres do municipio. Celebrarase o vindeiro 20 de xaneiro, de 11 a 13 horas, e terá por escenario o soto do CEIP Eladia Mariño. A participación é completamente gratuíta, aínda que se require de inscrición previa.

Así, as persoas interesadas en tomar parte deben anotarse de forma presencial no departamento municipal de Cultura e Deportes –pranta baixa da consistorial-, no correo electrónico cultura@cabanas.gal ou no teléfono 981 49 59 59 extensión 3. O prazo remata o 18 de xaneiro.

Lea también

Un conductor investigado al circular por Ortigueira a 188 km/h en una carretera limitada a 90

Efectivos del Subsector de Tráfico de la Guardia Civil de A Coruña investigaron al conductor de …