O Teatro Jofre acollerá a presentación de “Sondobar…” de Manolo Bacalhau

Na mañá do mércores, o concelleiro de Cultura Suso Basterrechea daba a coñecer máis polo miúdo a presentación do disco “Sondobar…” de Manolo Bacalhau que terá lugar o sábado 13 de xaneiro, a partir das 20:30 horas, no Teatro Jofre, con entrada gratuita previa retirada de invitación.

Non é unha homenaxe a Manolo, porque mantén o tipo”, bromeaba Suso Basterrechea quen apoiaba este disco dende a concellería de Cultura, o cal foi posible grazas o crowdfunding, porque non está producido por ningún selo discográfico.

O concelleiro quixo sinalar “a calidade de Manolo que sempre se presta as convocatorias de loita social e festas do pobo e merecía que todo iso quedase rexistrado nun CD.”

“Sondobar…” xa está a venda en formato CD e DVD, cun deseño de Bruno L. Teixeiro, ilustracións de Leandro Lamas e fotografías de Juanpa Ameneiros, “como tamén foi posible cuns músicos extraordinarios, onde está a última grabación de Antón Varela”.

Dende o equipo de producción de “Sondobar…” destacaban que a idea xurdiu “nunha sesión vermú na Fundaçom Artábria, porque isto tiña que quedar grabado, ao haber moitas letras que teñen que ver coa historia de Ferrol”. Tiveron que apostar polo crowdfunding para facelo posible “e a base social de Ferrol non nos defraudou”, logrando o mínimo de 3.700 euros “e ningún do equipo de Sondobar… vai cobrar un duro, nin o cobrará, ademáis dos artistas que renunciaron a súa parte proporcional”, afirmaba.

Manolo Bacalhau tamén recordaba este inicio do proxecto, querendo destacar a Suso Souto “que cambiou o pequeno proxecto para acabar sendo un primeiro disco en solitario”. O autor tamén lle agradecía a Roberto Grandal a oportunidade para poder grabar no seu estudio, “a cal levou bastante tempo e estivemos todo o verán co tema da producción.” Antón Varela non podía faltar nestes agradecementos “polo seu esforzo debido as súas dificultades”, ademáis de quedar abraiado con Antón Cortizas “porque fixo toda a súa aportación ao DVD a primeira”.

Retirada de invitacións

As invitacións xa se poden retirar na billeteira do Teatro Jofre, ata fin de existencias, cun máximo de dúas por persoa, aínda que Suso Basterrechea apela o “sentidiño” a hora de retirarlas, “porque se alguen finalmente non poder ir agradeceríase que devolvese a invitación”, destacando que esta actuación “aínda que sexa de balde ten unha enorme calidade, porque é unha oportunidade única, porque é o sentir do pobo.

Lea también

Neda premia un año más a los mejores lectores de la biblioteca municipal

La Biblioteca municipal de Neda ha celebrado el Día Internacional del Libro distinguiendo, como viene siendo …