A XXXV Carreira popular de San Xiao terá lugar o domingo 14

Instante da presentación – Concello de Ferrol

O vindeiro domingo, 14 de xaneiro, terá lugar a XXXV edición da carreira popular de San Xiao, todo un clásico do deporte ferrolá e que volverá a ter un percorrido de dez kilómetros que zizaguea polo barrio da Magdalena.

A presentación oficial tivo lugar esta mañá deste xoves 4, na Sala de Comisións do Concello de Ferrol, coa presenza do concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, acompañado por Ana Pérez Lago, na representación de Gadisa, un dos principais patrocinadores; dun representante de Protección Civil, que xunto ao Club Ciclista de Ferrol e Héroes del Viento e a Armada, que abre o Arsenal ao percorrido, colaboran activamente para que a carreira discurra de forma exitosa.

A inscrición, esto é importante, é de balde. Pódese facer a través de www.carreirasgalegas.com para adultos e nenos. O prazo para anotarse péchase o 10 de xaneiro as 22:00 horas. Até o momento, son preto de 500 os inscritos e o reto do Concello é chegar a un milleiro.

«Unha carreira moi nosa, cun percorrido fermoso e moi arraigada na nosa cidade» manifestaba hoxe o concelleiro de Deportes. «Como xa temos a San Xiao, non facemos a San Silvestre«, engadía o concelleiro, que retou ao alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, a participar na mesma e completar o percorrido.

Son 10 quilómetros cardioprotexidos con puntos DESA con persoal cualificado cada dous quilómetros. Ademais, de tres ambulancias, persoal sanitario e todo o equipamento preciso para a seguridade dos participantes en todas as categorías.

Lea también

Partido Ecoembes, pistoletazo de salida a la campaña “Somos especiales, reciclamos”

El domingo 31 de marzo y como parte de la campaña «Somos especiales, reciclamos» que el …