Convocadas ás comparsas de Narón e doutros concellos a unha xuntanza sobre o Festival de Entroido

Semente de Trasancos-2016

A presidenta do Padroado da Cultura de Narón e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou a convocatoria dunha xuntanza dirixida aos representantes das comparsas de Narón e doutros concellos para abordar as bases do festival que se celebrará este ano na cidade con motivo do Entroido. A reunión terá lugar o vindeiro luns, día 8, a partir das 20.00 horas no Pazo da Cultura, tal e como indicou Ferreiro.

A presidenta do Padroado convidou aos representantes das comparsas interesados en participar no Festival de Entroido que se organiza na cidade a acudir a esta convocatoria, donde recibirán información sobre a normativa de participación.

Lea también

O Concello de Narón acolle ata o 3 de maio unha exposición sobre saúde mental

A pranta baixa do Concello acolle dende este xoves 18 e ata o vindeiro 3 de …