Recital de guitarra clásica de Iria Quintía na Casa da Cultura de Fene

Iria Quintía – Concello de Fene

O salón de actos da Casa da Cultura de Fene acolle este venres, 12 de xaneiro, un concerto a cargo da guitarrista Iria Quintía Romero. No recital, que comezará ás 19 horas (entrada libre), a intérprete fenesa realizará un percorrido musical dende o período clásico até o actual. Así, escoitaranse pezas de Fernando Sor, Johann Kaspar Mertz, Manuel Ponce, Dusan Bogdanovic, etc.

Iria Quintía comeza a tocar a guitarra á idade de 9 anos en varios centros de Madrid e finaliza os seus estudos de grao profesional no Conservatorio Xan Viaño de Ferrol coa profesora Águeda Gutiérrez, acadando o premio de fin de grao. Posteriormente realiza os estudos superiores no CSM de Vigo coa profesora e guitarrista Margarita Escarpa.

Na actualidade está a ampliar os seus estudos en L’Academie Superier de Musique de Strasbourg-HEAR, en Francia, recibindo clases dos compoñentes do Duo Melis, Susana Prieto e Alexis Muzurakis.

Ademais, ten asistido a Clases Maxistrais con prestixiosos guitarristas ao igual que a festivais de guitarra de nivel internacional. Tamén participou en Orquestras de Guitarra, ofrecendo concertos en varios lugares de España.

Lea también

Neda, se convierte en epicentro cultural de Ferrolterra

La Casa de las Palmeras ha acogido la inauguración de la XIX edición de las …