AFAL organizou un Cinefórum no CPR Santiago Apóstol para achegar ós mozos e mozas á realidade do alzheimer

Cinefórum no CPR Santiago Apóstol – AFAL

Estudantes de 2º curso de Educación Secundaria do Colexio Santiago Apóstol de Narón tomaron parte o pasado luns no último proxecto de sensibilización promovido por AFAL Ferrolterra en colaboración co Concello: unha xornada de Cinefórum. Unha actividade que comezaba no centro cunha pequena charla sobre alzheimer e as diferentes capacidades cognitivas que se vén alteradas pola enfermidade (memoria, linguaxe, atención…).

A continuación, a técnica de AFAL Rebeca Freire examinaba co alumnado as dificultades que sofren estas persoas na súa vida diaria e como dende os Centros de Día se traballa para que se manteñan esas capacidades o máximo tempo posible. Posteriormente, procedeuse á proxección dunha película, “Siempre Alice”, na que se amosou ós estudantes máis detidamente o desenvolvemento da enfermidade, así como as súas fases, para despois facer un debate a través de diferentes preguntas que favoreceron a reflexión sobre os coidados que precisan as persoas afectadas.

Dende AFAL valorouse a implicación do CPR Santiago Apóstol na actividade e anímase ós centros educativos de Narón a sumarse ó proxecto, que impulsa en colaboración co Concello de Narón, solicitando a participación, completamente gratuíta, na asociación (r/Río Castro, 43-45 baixo Ferrol ou tlf 981 37 06 92). O obxectivo da mesma é achegar a nenos e mozos á realidade desta enfermidade.

Lea también

Cambio de sentido da circulación en Narón en tres rúas do barrio da Solaina

O edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, informou que a partir deste xoves 25, cambiará …