Benestar Social incorpora a unidade de saúde mental a mesa de coordinación de persoas sen fogar

Reunión da mesa – Concello de Ferrol

O goberno de Ferrol, a través da Concelleira de Benestar Social, ven de incorporar aos profesionais da Unidade de Saúde Mental a Mesa de Coordinación de Persoas sen Fogar para complementar o traballo que este órgano de xestión ven facendo desde o pasado mes de outubro, e xestionar axeitadamente os casos que se detecten tanto nas entidades como polo propios técnicos municipais para ofrecer un soporte correcto e evitar a cronificación dos casos.

Na mañá deste xoves 11, as 9:00 horas, tiña lugar na Sala de Comisións do Pazo Municipal, a concelleira de Benestar Social, Saínza Ruiz, na Sala de Comisións, cos representantes das entidades Dignidade, Cáritas, Arraigo, Cocina Económica e Pardo de Atín, ademais do facultativo responsable da Unidade de Saúde Mental do CHUF, ademais das técnicas de Benestar Social do Concello de Ferrol.

Trátase da terceira xuntanza técnica de traballo da Mesa de Coordinación de Persoas sen Fogar, que celebraba o primeiro encontro o 2 de outubro do 2017. Esta mesa conformouse no cuarto trimestre do pasado ano co ánimo de cubrir a eivas que se detectaron na coordinación dos recursos, coa vontade de mellorar a asistencia e os coidados, aproveitar os recursos e evitar duplicidades por parte da Administración e das entidades.

Como novidade, a esta mesa incorporouse por primeira vez a persoa responsable da Unidade de Saúde Mental do CHUF. Especificamente, nesta xuntanza introduciuse esta temática para afondar nun aspecto que a miúdo, quedaba esquecido, como poden ser os problemas mentais dalgúns usuarios das entidades que traballan coa xente sen fogar. Con isto, preténdese mellorar a ponte entre as entidades que detecten algún caso e os propios técnicos municipais, que tamén poidan ter constancia e coordinarse cos profesionais e facultativos para evitar que estes casos se cronifiquen ou se agraven.

Ao remate, a concelleira Saínza Ruiz facía un balance moi positivo desta terceira xuntanza, xa que o traballo coordinado e a posta en común de recursos e posibles solucións está redundando nunha mellor asistencia e xestión dos recursos dispoñibles.

Estas reunións teñen carácter periódico para coordinar medios e recursos. Neste pasado 2017, o Concello incrementou as achegas municipais a entidades como Dignidade, e acondicionou un novo local para Arraigo en Recimil. Tamén, e a petición da Cociña Económica, introduciuse a intermediación social dos técnicos municipais, para valorar os casos e as necesidades concretas dos usuarios para trocar o modelo anterior, mais tendente ao asistencialismo que provocaba longas colas na porta da entidade benéfica e estigmatizaba aos usuarios, no canto do actual, que evita esas colas e proporciona as persoas os recursos necesarios para nutrirse.

Aínda que por unha multicausalidade, e complexo fixar un número de persoas sen fogar cidade, estímase que son aproximadamente 150 as persoas contabilizadas polos técnicos dos servizos sociais, sen recursos estables e carentes de rede de apoio familiar.

No refuxio Pardo de Atín, moi ben valorado no ámbito autonómico, o número de persoas atendidas no ano 2017 foi de 668, das que 279 foron novas pernoctas cun número total de 10.305 estadías. Na Cociña Económica, o número medio de persoas que asisten a diario ao comedor da entidade para foi de 200 no pasado ano.

Lea también

Detenidos por la Policía Local en Ferrol un hombre y una mujer con varias requisitorias judiciales

Un hombre de 42 años y una mujer de 32, ambos vecinos de Ferrol, fueron …