A compañía Sarabela Teatro representará este sábado no Pazo a obra O Rei morre

O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro sábado, día 20, a representación da obra O Rei morre, da compañía ourensá Sarabela Teatro. Esta nova cita cultural, neste caso co teatro contemporáneo, será a partir das 20.00 horas no Pazo da Cultura, podendo adquirir as entradas na propia billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-. O prezo é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante.

O rei Berenguer I é o protagonista desta peza, centrada nunha dramática información que non é outra que a proximidade da súa morte. O rei pon en dúbida esa posibilidade e intenta crer que se trata dun pesadelo, adoitando unha actitude soberbia con aquelas persoas que o rodean. O dilema darase na visión que desa posibilidade teñen a súa exmuller e a actual muller, ao pensar a primeira que debe aceptar que o final da súa vida está cerca mentres que a segunda trata de ocultarlle a realidade e suavizar así a súa agonía.

A ferrolá Ana Vallés dirixe esta obra teatral, que parte dun texto orixinal do dramaturgo rumano Eugène Ionesco.

Lea también

Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso …