A presentadora Paula Vázquez protagoniza a portada do terceiro número de «Machina»

Presentación de Machina – Concello de Ferrol

Esta mañá o Concello de Ferrol presentaba na Casa da Muller o terceiro número da Revista Machina, unha publicación, que como xa explicaramos no seu día, leva o nome que ven a recoñecer os traballo das mulleres no naval ferrolán como construtoras da cidade.

Na presentación, este mediodía, a concelleira de Benestar Social, Saínza Ruiz, que estivo acompañada por Patricia Freire, traballadora social do colectivo de A.L.A.S Coruña, Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual, e polos alumnos de 3 e 4 da ESO do colexio LaSalle, que asistiron a charla e participaron no debate posterior, construtivo e nutritivo, sobre os moito prexuíxos aínda latentes sobre os rols de xénero, e os camiños para desenvolver a propia personalidade, a sexualidade e os lazos afectivos.

“Machina era o nome popular que se lles aportaba as grúas do naval que ficaban intactas no horizonte da cidade, retando as crises cíclicas. Esto é unha homenaxe as mulleres do pasado, fortes e con carisma. Vai por todas elas para que inspire a todas as mulleres do presente a seguir traballando nese camiño”, recordaba hoxe Saínza Ruiz, facendo mención a verba que da nome a publicación.

O primeiro número de Machina foi publicano no mes de xuño do 2017. En total, 12 páxinas e unha tirada de 900 exemplares que se distribúen polas dependencias municipais (Pazo, Casa da Muller, Casa da Xuventude, Edificio Social, Bibliotecas municipais,… ) nas que se pode retirar un exemplar de balde.

A primeira portada foi par Chelo Loureiro, productora cinematográfica e ‘Premio 8 de Marzo’ do Concello de Ferrol no pasado 2017. A informática Luz Castro, premio Ada Byron, protagonizaba a entrevista principal do segundo número, reivindicando o traballo feminino no sector tecnolóxico.

Esta revista naceu como canle de comunicación para tecer redes entre colectivos do municipio, como ferramenta de concienciación e sensibilización social desde unha óptica de xénero feminina desde os centros educativos as entidades veciñais, e aspira a ser tamén, un referente, para as entidades do municipio na promoción do traballo e dos logros das muller da nosa comarca.

Pasa por tecer redes no feminismo e na igualdade, empurrando as emprendedoras, fomentando novos talentos e aprendendo das veteranas, das pioneiras, alén da ideoloxía, como Sari Alabau ou Blanca Quintanilla”, resumía a edil de Benestar Social, Muller e Igualdade.

Neste terceiro número, do mesmo xeito que nos anteriores, recóllense opinións, propostas, novas, entrevistas e actividades tanto do Concello e doutras institucións, como a Universidade, en materia de muller e igualdade.

Lea también

El alcalde de Ferrol se reúne con el presidente de la AVV de Prioriño

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado del concejal de Servicios y Zona Rural, …

3 comentarios

  1. Sintiéndolo mucho la definición que hace la concejala de la Machina dista mucho de significar lo que ella dice, y por supuesto si fuera mujer para nada me sentiría identificada con el nombre y el significado de la Machina, perdura en el tiempo porque como todo objeto antiguo que ayudo a realizar determinadas funciones se cuida para preservarlo, la historia es la que es y no se puede inventar por determinados intereses aunque estos no sean lucrativos, pasa una cosa parecida con la Plaza del Inferniño que algún alcalde se empeño en ponerle Porta Nova y situar el monumento que la representa en la entrada de la carretera de las Pias cuando simplemente consultando algún libro de historia se comprobaría cual era su verdadera ubicación y digo esto porque la historia es la que es y no se puede inventar, con la Machina pasa algo parecido les quedo la cabeza descansada con este nombre de la revista que representa a las mujeres.

    • Pero tranquilo, si la revista sólo es para colocar a amiguitos, en cuanto se vayan se deja de publicar y ya está.

  2. mas naval y menos gasto de impuestos en hacer esa revista . Ferrol huele mal