Uns douscentos deportistas participarán o vindeiro domingo no clasificatorio Nada e Corre organizado polo Concello e o Náutico de Narón

Román Romero – Concello de Narón

Uns douscentos deportistas procedentes de clubes de Galicia participarán o vindeiro domingo, día 21, no clasificatorio Nada e Corre, organizado polo Concello de Narón e a Agrupación Deportiva Náutico de Narón. A cita, con entrada de balde, será a partir das 10.00 horas nas instalacións do pavillón polideportivo da Gándara e na rúa Irmáns Pita, donde se desenvolverán as diferentes probas, tal e como indicou o concelleiro de Deportes, Román Romero.

As competicións dirixidas ás categorías menores –prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes- consistirán nunha proba de natación e outra de carreira a pé, sumándose ao remate os tempos das dúas. Os catro mellor clasificados pasarán directamente á final, ao acto galego da disciplina.

Trala proba de natación prevista para as 10.00 horas terá lugar a carreira a pé, que será nun tramo da rúa Irmáns Pita, que permanecerá pechada ao tráfico entre as 11.00 e as 13.00 horas do vindeiro domingo.

Competirán neste evento deportistas da Agrupación Deportiva Náutico de Narón e tamén da AD Fogar, do Tri Oleiros, San Ramón de Vilalba, Tri-Penta de Lugo, Fluvial de Lugo, Triatlón Ferrol, CN Cedeira, Trisada e Zalaeta 100Tolos. O presidente do Náutico de Narón, Amando Guerrero, agradeceu a colaboración prestada polo Concelo de Narón e destacou que a do vindeiro domingo “será a primeira proba dun ano no que Narón será un punto de referencia do triatlón a nivel autonómico, disputándose probas como o acto galego de élite de duatlón que terá lugar o vindeiro mes de abril e o Trishark, en agosto, que puntuará para a Superliga BeOne”.

Así mesmo, o concelleiro de Deportes, Román Romero, destacou a traxectoria da Agrupación Deportiva Náutico de Narón “un clube de referencia dentro e fóra do noso concello” e animou ás veciñas e veciños a acudir a esta cita que contará cunha importante participación de deportistas.

Lea también

Boa actuación dos másters galegos no Campionato de España de 5K

Excelente balance para o atletismo máster galego que voltaba esta fin de semana cun total …