Marián Ferreiro valora positivamente os cen días de goberno á fronte da Alcaldía de Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, realizou un balance da xestión realizada transcorridos algo máis de cen días desde que está á fronte do goberno local da cidade. A rexedora local amosouse “moi satisfeita co traballo realizado e destacou o feito de que se desenvolveron neste tempo “varias xestións que nos vindeiros meses se materializarán coa execución de obras demandadas e necesarias para a veciñanza deste concello”.

Baixada do IBI

Así mesmo, destacou o feito que a partir deste mesmo ano impostos como o IBI experimentarán unha baixa, ao reducirse o coeficiente do 0,65 ao 6,62 no momento da aprobación das ordenanzas fiscais, a finais do pasado ano, e a conxelación de taxas un ano máis para minimizar a presión fiscal sobre a cidadanía. “A conxelación de taxas e a baixada do IBI son dúas cuestións de vital importancia para o goberno local, tal e como se amosou en anos anteriores e como continuará sendo nos vindeiros meses”, asegurou.

O POS + 2018 da Deputación

En materia de investimentos Ferreiro subliñou tamén a aprobación, o pasado mes de decembro, do POS+2018 da Deputación da Coruña, do que corresponderon 1,8 millóns de euros á cidade. “Desta partida destinarase a investimentos algo máis dun millón de euros, que entre outras actuacións
permitirán continuar avanzando na ampliación da rede de saneamento na zona rural e na mellora da eficiencia enerxética en varios puntos do termo nmunicipal”, explicou Ferreiro.

Eficiencia enerxética

No que respecta á eficiencia enerxética, Ferreiro recordou que o pasado ano reserváronse 1,2 millóns de euros para varias actuacións nesta área en instalacións municipais e espazos públicos. Ás executadas nos barrios da Solaina e da Gándara súmanse as proxectadas en Xuvia –entre a rotonda de Megasa e a ponte limítrofe con Neda- e nos pavillóns polideportivos da Gándara, Campo da Serra e As Lagoas e no Pazo da Cultura, entre outras.

A accesibilidade

Foi a accesibilidade outro dos asuntos que centraron parte da actividade desenvolvida nos últimos meses desde a administración local. Sobre esta área a alcaldesa avanzou que “se encargou un estudo de accesibilidade en locais sociais e edificios administrativos para acometer actuacións nesta área e
encargarase outro no que se analizará a situación actual do municipio en relación coa accesibilidade, de cara a seguir avanzando na supresión de barreiras arquitectónicas para acadar que Narón sexa unha cidade cen por cento accesible”. A aposta de Narón pola accesibilidade chegará tamén á Gándara cun parque no que se instalarán elementos de xogo adaptados para nenas e nenos con mobilidade reducida e que suporá un desembolso de 160.000 euros.

O novo centro de saude

Tamén durante o mandato de Ferreiro se avanzou nas xestións que derivarán na construción dun novo centro de saúde no Alto do Castiñeiro. “Nós confiabamos en que o pasado ano se licitasen os traballos, como así se recollía no documento asinado inicialmente entre a Consellería de Sanidade e o Concello, pero finalmente a administración autonómica confirmounos que non lles sería posible facelo, algo que lamentamos e que esperamos que se axilice nestes primeiros meses de ano para que estas infraestruturas, tan necesarias, sexan unha realidade canto antes”.

Os Fondos Feder Ferrol-Narón

O Concello de Narón acadou tamén o pasado ano, xunto con Ferrol, dez millóns de euros procedentes dos Fondos Feder 2014/2020 para Estratexias de Desenvolvemento Urbanístico Sostible e Integrado (Edusi) Ría de Ferrol Cidade 2020. A alcaldesa recordou os últimos avances, que permitirán levar ao
pleno deste mes, a vindeira semana, o convenio de colaboración entre os Concellos de Ferrol e Narón para a implementación da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado Ría de Ferrol Cidade 2020.

En base a este acordo entre administracións levaranse a cabo varias actuacións na cidade, que se darán a coñecer nos vindeiros meses, con cargo a estes fondos europeos”, sinalou.

Colaboración coa Deputación

A vontade de colaboración entre administracións queda patente tamén nestes últimos meses, nos que se estreou a cuncha acústica do Pazo da Cultura –cofinanciada pola Deputación da Coruña e inaugurada o 1 de decembro do pasado ano- e no compromiso desta administración para colaborar con 500.000 euros na rehabilitación do muíño de Xuvia. “O Concello cumpriu tamén coa súa parte, sufragando o 20% do custe da cámara de concertos do Pazo e reservará tamén este ano unha partida de 500.000 euros para avanzar na rehabilitación do muíño de Xuvia”, recordou.

Orzamentos 2018

A maiores destas cuestións, todas elas de vital importancia para a nosa cidade, estamos ultimando os orzamentos desde ano, que previsiblemente se levarán ao pleno en febreiro e nos que un ano máis, centramos a atención nas persoas maiores, a infancia, a cultura e o deporte, os catro pilares polos que
sempre se apostou e apostará desde este goberno local”, avanzou Marián Ferreiro. 

 

 

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …

3 comentarios

  1. Alejandro Buendía

    Vamos, que está satisfecha con no hacer nada. Porque lo más que ha «vendido» es que va a recibir fondos de la Diputación, que esperan fondos Feder y que tienen un proyecto de accesibilidad. Por alguna razón Narón sigue perdiendo habitantes año tras año.

  2. Cobra 55.000 euros…. para que sea la Xunta o la Diputación los que hagan cosas? Es eso?
    Por no hablar de lo de ser mujer…. está bien si fuera buena, pero no puede ser que lo único que ofrezcas es que seas mujer…. eso no llega

  3. …. los que votaban a Gato por lo que representaba no creo que puedan estar contentos.