Últimos días para anotarse á ruta de sendeirismo entre a casa consistorial de Cabanas e o Marco do Salto

Instante da ruta – Concello de Cabanas

As persoas interesadas en tomar parte na ruta de sendeirismo que organiza este sábado o Concello de Cabanas, a través da Concellería de Deportes, deben anotarse previamente na casa consistorial, chamando ó teléfono 981 49 59 59 ext.3 ou no correo electrónico cultura@cabanas.gal. O prazo conclúe este venres, 26 de xaneiro.

A participación nesta nova proposta é gratuíta. Trátase dunha ruta de algo máis de nove quilómetros entre a casa consistorial e o Marco do Salto. Cunha duración estimada de dúas horas e cincuenta minutos, dará comezo ás 10 horas.

Os camiñantes realizarán un percorrido circular que reserva algunhas das mellores panorámicas sobre as rías e a zona costeira de Cabanas. E, amáis da riqueza natural, a ruta descubre xoias arquitectónicas como a igrexa parroquial de San Andrés, do século XVIII, ou a Casa Palacio, ou monumentos megalíticos como o Marco do Salto.

Lémbrase da necesidade de levar calzado cómodo e con boa suxeición.

Lea también

Manuel Permuy obtiene muy buenos resultados en el AJP World Tour

  El pasado fin de semana se celebraron en la ciudad de Estambul (Turquía) dos …