A Regata Amigable de Inverno de Cabanas congregará este domingo a 530 palistas

Un total de 530 palistas daranse cita este domingo en Cabanas para tomar parte na cuarta edición da Regata Amigable de Inverno. Unha cifra que supera todas as expectativas e que da boa proba de que a cita consolidouse definitivamente no calendario deportivo da Comunidade. Así, ano tras ano a cifra de participantes non para de medrar e, se na primeira edición a regata reunía a uns 60 deportistas, hoxe xa se rebasa a barreira do medio millar.

A regata está organizada polo Concello coa colaboración do Club Cabanas KDM-Norinver e a Federación Galega de Piragüismo e desenvolverase no lugar do Día Oito. Está considerada polo comité técnico da Federación como control de 8.000 metros para as categorías cadete, xuvenil, sénior e veterana, e será amistosa para as categorías inferiores –cos infantís cubrindo 3.000 metros (en dúas voltas) e os benxamíns e alevíns, 1.500-.

No tocante á regata amigable, a competición arrancará ás 10,30 horas. Así: Infantil kaiak home “A” e “B” (10,30 h); Infantil kaiak muller “A” e “B” (10,34 h); Infantís canoas (home, muller “A” e “B”) (10,38 h); Alevíns homes “A” e “B” (11.15 h); Alevíns muller “A” e “B” (11,18 h), e Benxamíns home e muller (11,21 h).

Respecto ó control dos 8.000 metros, a saída realizarase a partir das 12 h da forma seguinte: canoa home, sénior, junior e cadete (12 h); kaiak muller, sénior, junior e cadete (12,03 h); canoa muller, sénior, junior e cadete (12,06 h); kaiak home, sénior e veterano (13,10 h) e kaiak home, junior e cadete (13,13 h).

Ó remate, entregaranse trofeos ós tres mellores clasificados en cada categoría.

Lea también

June Moreno, quinta en la copa junior de Lignano

El pasado fin de semana se disputó en Italia, la Copa de Europa de Lignano, …