Fene regresou á elite do cross por equipos

Os atletas feneses na proba – Clube Atletismo Fene

Eran os anos oitenta cando dous clubes de atletismo, o Unidade de Fene e o Puxanza, loitaban pola hexemonía do atletismo fenés para rematar desembocando na fundación do clube Ría de Ferrol, deixando así orfa, en canto a clubes de atletismo se refire, a nosa vila astaneira.

Tivo que ser o domingo, 28 de xaneiro de 2.018, no circuíto de O Aguillón pertencente ao concello de A Rúa, onde se deron cita os mellores clubes de Galicia no Campionato de Cross Curto por equipos. Entre eles estaba o Clube Atletismo Fene, representado no día de onte por sete atletas.

Así, na proba feminina Melina Alonso participou de forma individual e acadou o undécimo posto cun tempo de 15:05. Na proba masculina, o clube participou como equipo acadando os compoñentes os seguintes resultados: Javi Prieto (12:46, posto 33), Alexandre García (14:30, posto 92), Víctor Sabín (14:32, posto 94), Esteban Rodríguez (15:07, posto 108), Antonio Rodríguez (15:36, posto 117) e Samuel Ramírez (16:04, posto 125). Como equipo, tras sumarse os postos dos catro mellores clasificados, o Clube Atletismo Fene obtivo a decimoterceira praza sobre un total de dezanove equipos participantes.

Ambas probas se desenvolveron nun circuíto de 3.900 metros de terra e herba, ubicado nun entorno dunha beleza incuestionable a carón do encoro de San Martiño.

Este domingo, de novo campionato en Ribadavia

A vila ourensá acollerá a outra modalidade do Campionato de Galicia de cross, o de 9.000 metros. Dista volta o clube sacará toda a súa artillería, reaparecendo de novo Brais Canosa, Iván Puentes e Juan Rejas tras a súa sobranceira actuación no Cross Internacional de Elgoibar. Ademáis se lles unirán Marcos Ruíz, Javi Prieto, Alexandre García e Fernando Garea.

Competirán como equipo en categoría senior Brais Canosa, Javi Prieto, Alexandre García e Fernando Garea. O resto o fará en categoría junior. A todos eles desexámoslle os mellores éxitos.

Lea también

Jornada de iniciación al surf en la playa de Pantín, Valdoviño

Santiago de Pantín Surf School organiza una jornada de iniciación al surf el próximo sábado  …