O Pazo da Cultura de Narón acollerá este sábado a representación de «La comedia de las mentiras»

A compañía Pentación Espectáculos representará o vindeiro sábado, día 3, no Pazo da Cultura de Narón a obra «La comedia de las mentiras«. A cita será a partir das 20.00 horas e as entradas están xa á venda na billeteira do Pazo e na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 20 euros para o público xeral e de 14 para abonados, desempregados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

O elenco, integrado por Pepón Nieto, María Barranco, Paco Tous, Canco Rodríguez, Angy Fernández, Raúl Jiménez e Marta Guerras, estará dirixido por Pep Antón Gómez. Nas dúas horas da representación desta comedia, ubicada en Atenas e protagonizada por dous irmáns, Hipólita e Leónidas, abordaranse temas como o amor, a avaricia e a mentira.

Lea también

O Bng de Narón leva ó pleno unha moción en apoio ás traballadoras do SAF

  Nun comunicado o BNG de Narón informa que «as traballadoras do SAF, servizo de …