O luns reabre a Biblioteca Municipal de Caranza

 

(Foto: Galicia Ártabra.).

Dende a Concellería de Educación e Cultura, se indica que este luns, 5 de febreiro, reabre a Biblioteca de Caranza no seu horario habitual, de luns a venres de 10.30 a 13.30 h. e de 17.00 a 20.00 h.

Dende o 1 de decembro a biblioteca permanecía pechada co obxectivo de proceder á reorganización dos seus fondos. Neste tempo fíxose un traballo de expurgo no que se seleccionaron documentos da colección para retiralos da mesma de forma definitiva, ou ben arquivando no depósito. Esta operación é precisa para acadar unha xestión eficiente da colección, que non debe ser un compendio estático, senon que precisa renovarse e adaptarse aos cambios e as necesidades dos usuarios.

De xeito paralelo a este traballo de selección e coidado dos fondos, levouse a cabo a incorporación duns 500 títulos novos de diferentes materiais tras o proceso de adquisición co obxectivo de cubrir as necesidades de información dos usuarios en tempo, forma e calidade.

O Concello de Ferrol lembralles, aos usuarios, que o luns, novamente, se lles agarda coas portas abertas nesta biblioteca municipal de Caranza.

Lea también

Aceptadas 4 propuestas de mejora del COAG a la ordenanza de licencias de Ferrol

La concejala de Urbanismo de Ferrol, Blanca García, dio cuenta este miércoles en la comisión …