Cabanas plantea mellorar os servizos da praia da Madalena con fondos provinciais

O Concello de Cabanas plantea destinar os fondos do plan complementario do Plan provincial de Medio Ambiente a diferentes actuacións de mellora dos servizos da praia da Madalena. Así, cunha partida de 5.258,16 euros prevé proceder á instalación dun lavapés de aceiro inoxidable e á reparación das deficiencias das duchas ubicadas no areal.

Así mesmo, a axuda provincial incluiría tamén o amaño das bases e soportes dos colectores emprazados no paseo. Pequenas actuacións para ofrecer un mellor servizo ós veciños e visitantes que acoden cada ano a unha das praias máis concorridas da comarca.

Lea también

As Pontes apoia a posta en marcha do proxecto enerxético de Endesa en O Tesouro

O tecido empresarial, económico e sindical das Pontes apoia a posta en marcha do PE …