O BNG considera que no tema da taxa de saneamento o goberno local defende os intereses das empresas privadas e do PP

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o goberno local de Ferrol, tras iniciar estes días o cobro da taxa de saneamento, decidiu defender os intereses das empresas privadas e do Partido Popular antes que os dos veciños e veciñas deta cidade.

O BNG indica «que estes días aos veciños e veciñas desta cidade estalles a chegar as súas casas o segundo dos recibos da taxa de saneamento, o segundo porque o primeiro foi cobrado en 2015, por Rey Varela, por un servizo que non existía e que a día de hoxe, a principios de 2018, continua sen serlles devolto o importe deste recibo.

Así mesmo cómpre salientar que ademáis de que se lles esta a pasar o cobro deste recibo sen ter devolto o primeiro, este se se está a emitir nos mesmos termos nos que se emitiu o primeiro destes recibos a principios do 2015.»

O BNG resalta que «se fai todo isto a pesar de terse demostrado que o recibo que se esta a emitir no día de hoxe non se adapta ao custo real do servizo, principio básico que rexe a imposición de calquer taxa por parte deste concello, a pesar de cobrarnos por depurar augas de chuvia non contaminadas, a pesar de que o cobro se fai a traves da empresa EMAFESA sen que exista un contrato que o permita e apesar de que non se ten resolto o recurso de reposición do Bloque Nacionalista Galego a todo este despropósito».

Para o BNG «todo isto o único que demostra é que o goberno local de Ferrol en Común se salta todos os procedementos ao non ter resoltas as alegacións apresentadas e proceder igualmente ao cobro do recibo. Para o BNG ao goberno de Ferrol o único que lle importa é cobrar, da igual canto e o por que, porque o goberno de Ferrol decidiu defender os intereses das empresas privadas e do Partido Popular antes que os dos veciños e veciñas deta cidade»,

Lea también

Ciclo de Aulas temáticas para a promoción da saúde dos maiores na AVV de San Pablo en Ferrol

Están organizadas pola Asociación Cáritas e a Consellería de Política Social, en colaboración coa Asociación …

Un comentario

  1. Valla trampa lo de Ferrol en común al final salio la sucursal del pp, como se puede engañar tanto a la gente.