Melina Alonso lidera a expedición ferrolá no Dúatlon de Lugo

Melina Alonso nunha proba – Triatlón Ferrol

Melina Alonso encabeza a delegación de 14 deportistas do Triatlón Ferrol que este domingo abren a temporada oficial no Dúatlon Cidade de Lugo.

A internacional ferrolá acude á proba con molestias na perna dereita aínda que, ao tratarse dunha das mellores triatletas de España, o seu nivel pode permitirlle estar igualmente en postos de podio. “Prefiro ser prudente e tomarmo como un adestramento”, asegura Melina Alonso.

No apartado masculino, os canteiráns Iván Puentes e Juan Rejas poderían roldar o top-10 da competición pero o obxectivo básico será acadar a clasificación para o campionato galego. Iso tentarán tamén os junior Yago Suárez, Iker Pita e Miguel Benavent, o absoluto Roberto Martínez, a veterana María Teresa Barreira e os veteranos David García e David Arias.

Completan o equipo departamental, na proba non clasificatoria, Carlos Cándano, Borja Catrufo e os veteranos Luis Gómez e Juanchi González.

O Dúatlon Cidade de Lugo disputarase este domingo ás 10,00 horas 5 km de carreira, 21 km de ciclismo e 2,5 km de carreira a pé.

Lea también

Nova edición do «Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta» en Ares

A casa consistorial de Ares acolleu a presentación oficial do Campus de Verán de Fútbol …