Cabanas abre o prazo de inscrición no programa Envellecemento Activo

Fachada do Concello – Concello de Cabanas

O Concello de Cabanas abrirá mañá mércores o prazo de inscrición no programa municipal “Envellecemento Activo”. Un proxecto, impulsado pola Concellería de Servizos Sociais, co que se busca crear un espazo de encontro entre os maiores do municipio, especialmente das zonas máis rurais, evitando o seu illamento e favorecendo as relacións persoais e a súa participación nas actividades municipais.

O alcalde, Germán Castrillón, sinala que a participación é completamente gratuíta e que, para favorecer a asistencia, o Concello pon a disposición dos usuarios e usuarias un servizo de transporte interparroquial que trasladará ás persoas maiores dende os seus domicilios ata o local social das Viñas, escenario das sesións. Un servizo tamén sen custe para os beneficiarios.

As persoas interesadas en anotarse deben facelo no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa do consistorio- ou chamar ó teléfono 981 49 59 59 ext. 6.

As sesións celebraranse os martes, de 11 a 12,30 horas no local social das Viñas, e arrancarán a próxima semana.

Lea también

La Guardia Civil investigó a un vecino de Miño por circular dos veces con su coche en sentido contrario el mismo día

El Grupo de Investigación y Análisis de Tráfico (GIAT) del Sector de Tráfico de Galicia, …