Ferrol Vivo recollerá sinaturas de apoio á candidatura local a Patrimonio Mundial en Parque Ferrol e rúa Real

Foro Ferrol Vivo

Seguindo coa campaña de apoio, divulgación e promoción da candidatura de Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración a Patrimonio Mundial por parte da Unesco, o Foro Ferrol Vivo recollerá sinaturas esta fin de semana. Nomeadamente, instalará unha mesa no centro comercial Parque Ferrol o venres 16, en horario de 18.00 a 20.00 horas, mentres que sábado será o barrio da Magdalena, concretamente a rúa Real –entre Coruña e Concepción Arenal-, a que acolla esta acción.

A este respecto, hay que lembrar que a campaña comezou o mesmo día da celebración da histórica Mesa de Alcaldes cunha recollida que se saldou con máis de 150 ahesións, tanto de particulares como de asociacións de todo tipo. Dende entón, teñen sido diversas as entidades que solicitaron papeis de sinaturas ao FFV e que están a recoller nas súas respectivas sedes. O Centro Comercial Aberto A Magdalena –con establecementos participando na campaña-, a Fundación Abanca –no seu centro da praza da Constitución-, a Sociedade Galega de Historia Natural –no Museo da antiga Casa do Coronel, en Canido- ou as AAVV da Magdalena ou Serantes son algúns exemplos de colaboradores desta iniciativa que persegue acadar o máximo número de apoios posibles.

Como apuntan dende o Foro Ferrol Vivo, precisamente o consenso social (ademais do político) é un factor que teñen en conta tanto as administracións que terán que aprobar o expediente como a propia Unesco se a candidatura chega ao final do camiño.

A campaña de recollida de sinaturas non é a única iniciativa na que o Foro Ferrol Vivo está a traballar con respecto á divulgación e promoción da candidatura de Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración a Patrimonio Mundial. De feito, antes de que remate este mes presentará outra iniciativa que agarda teña impacto na cidade.

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …