O Triatlón Ferrol defende o seu título de subcampións galegos de dúatlon contrarreloxo

Equipo masculino do Triatlón Ferrol o ano pasado – Triatlón Ferrol

Cun equipo equilibrado entre veteranos e canteiráns, o Triatlón Ferrol aspira a manterse no podio do campionato galego de dúatlon contra o reloxo deste sábado no que defende a medalla de prata.

Os juniors Iván Puentes e Juan Rejas e o veterano David García, despois do bo estado de forma amosado no Dúatlon de Lugo, liderarán o conxunto ferrolán completado polos veteranos Juanchi González e David Arias e a promesa Miguel Benavent.

Despois de quedar a menos de 20 segundos do triunfo en 2017, o Triatlón Ferrol volve contar con duatletas veloces a pé e potentes en bici para facer un bo papel en Vedra.

A maiores, Yago Suárez, Carlos Cándano, Roberto Martínez, Gonzalo Jiménez, Luis Rilo e Marcos Caneiro forman o segundo equipo do club departamental.

No campionato galego de dúatlon contra o reloxo cada equipo debe completar un dúatlon de distancia esprinte xuntos en todo momento, debendo chegar á meta con catro deportistas xa que o cuarto marcará o tempo final de cada formación.

Lea también

Miriam Casillas logra el séptimo puesto en el Campeonato de Europa de triatlón

Miriam Casillas dio una exhibición de poderío en el Europeo hasta cruzar la meta en …