A concelleira de Promoción Social e Igualdade de Narón destaca a boa acollida do programa ConciliaEscola entre as familias naronesas

A edil de Promoción Social e Igualdade do Concello de Narón, Teresa Sabio, lamentou as declaracións realizadas por unha concelleira do PP sobre as políticas de conciliación municipais, nas que aludía especificamente ao programa municipal ConciliaEscola. Sabio recordou que se trata dunha iniciativa que leva xa en marcha seis anos e que desde entón recibiu moi boa valoración por parte das familias que participan no mesmo.

A concelleira responsable de Promoción Social e Igualdade amosou a súa sorpresa polo feito de que o PP fale de “improvisación e falta de planificación” tendo en conta que o programa está en vigor desde o ano 2012 e que nos últimos anos “se incrementaron tanto as quendas como o número de familias beneficiarias do mesmo”.

Por último, Teresa Sabio subliñou que, “ao igual que calquera outro programa municipal, o de ConciliaEscola está aberto a calquera posible suxerencia que se realice tanto desde a corporación local como desde as familias de Narón e que redunde nunha posible mellora deste servizo”.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …

Un comentario

  1. Sí… pero no dice que pasa con esos niños que se quedan fuera. Si fuera contra el PP ya estaban hablando de recortes.